VERANO

Monterroso celebra o Agrogay da Ulloa

Fiesta Gay_result
photo_camera O colectivo Agrogay da Ulloa celebra hoxe en Monterroso o segundo festival para gays do rural.

Trátase da segunda edición do festival, co que se pretende visibilizar ás diferentes opcións sexuais no mundo rural

A Granxa Maruxa de Cumbraos, en Monterroso, acolle hoxe dende as 11.00 horas a segunda edición do Festival Agrogay da Ulloa. O programa desde ano, baixo o lema "Son Agrogay", conta con actividades para tódolos públicos que se prolongarán ata ben entrada a noite. No eido musical, a música correrá a cargo do grupo De Vacas e do cantor Davide Salvado, residente na Ulloa. A artesanía tamén será a protagonista e dende media maña estará aberta a Feira de Artesanía, con traballos de madeira e coiro, unha zona de cruising (intercambio libre) de sementes e algunha sorpresa.

Outra das actividades programados son as sesións de maxia e humor para visibilizar un rural diverso, no afectivo e no sexual, e para dar valor a outros principios como a sostibilidade, o respecto ao patrimonio e o ecoloxismo. Outro dos puntos fortes da cita será a asablea obradoiro guiada polo sociólogo Ángel Amaro a partir das 12.00 horas coa intención de construír unha axenda LGTBIQ para o rural e de outorgar os premios á Visibilidade Agrogay que se entregarán pola tarde. O bo tempo acompañará a aqueles que se animen a participar no xantar colectivo. A comida comezará a partir das 14.00 horas e cada quen pode levar a súa propia comida ou consumir os produtos dos distintos postos que se instalarán a tal efecto na Granxa. Xa pola tarde, ás 16.00 horas, está previsto a revisión agrogay de A historia de Brancaflor, de Fran Rei, da compañía teatral Os sete magníficos máis un. A partir das 20.00 horas, o Festival integrarase na vila de Monterroso, cunha ruta polos bares Agrogay Friendly animada pola Asociación Cultural Entropía Folk. Os que aguanten o tirón ata a madrugada poderán disfrutar da Sesión Golfa con Moreno moreno Dj máis G.U.L.I. na Área Natural A Peneda. A festa rematará as 04.00 horas, aproximadamente.

O Festival Agrogay da Ulloa é un evento sen ánimo de lucro organizado polo Colectivo Agrogay da Ulloa. As actividades na Granxa Maruxa teñen un prezo de 5 euros, que serán destinados a cubrir os gastos do propio evento. Sen embargo, as actividades da noite en Monterroso son de balde.

Para facilitar a asistencia ao festival, durante o día de hoxe porase en marcha un microbús que realizará o traxecto entre as tres zonas onde terá lugar o encontro, Granxa Maruxa, vila de Monterroso e Complexo Natural/Camping A Peneda, con diferentes horarios.

Te puede interesar