Nesta fin de semana, esta localidade da comarca do Ribeiro, celebra a edición número 31 da festa de exaltación dun dos mellores productos da horta, o pemento, do que se calcula se consumirán 10 toneladas, fritidos, en tortilla e en xelado

O pemento fritido, o rei de Arnoia

Hasta seis mujeres pasaron la tarde ayer friendo pimientos en Arnoia, para celebrar la fiesta que se desarrolla este fin de semana.
A paraxe natural do Inquiau acolleu. na tarde de onte, o acto de inauguración da 'Festa do Pemento', que chega á súa edición número 31 no municipio de Arnoia, Foron centos de persoas ás que acudiron a este parque, situado nas inmediacións do río Arnoia, para degustar as delicias culinarias que preparan os veciños: pementos fritidos, en tortilla e recheos, ademais da especialidad en xelado, ata agora descoñecida.
O alcalde, José Camilo Fariñas, fixo de anfitrión na primeira xornada do evento, que se prolongará ata o vindeiro domingo, recibindo ós conselleiros de Educación, Jesús Vázquez de Presidencia, Alfonso Rueda; ó delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, que foi rexedor de Arnoia durante 30 anos, e ó presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, entre outras autoridades.Baixo os acordes da charanga 'Mekánika', a comitiva percorreu as casetas instaladas no recinto, nas que probaron, ademais de pementos, os caldos da Denominación de Orixe Ribeiro.


CONSUMO

A continuación, o pregón do actor vigués Manuel Manquiña serviu para que os asistentes botasen unhas risas, á espera da degustación de pementos, dende as 21.30 horas, e a celebración do festival folclórico, que acada a súa terceira edición, e que tivo como protagonista o grupo 'Brañas Folk' a partires da unha da madrugada. José Camilo Fariñas indicou que 'nestes tres días temos unha previsión de 10.000 quilos de pementos para consumir, tendo en conta que o ano pasado acudiron á festa máis de 22.000 persoas'. A programación terá hoxe a súa continuidade ó mediodía, coa actuación das bandas de música 'La Lira', de Ribadavia, e 'Prado', de Lalín, mentres pola tarde organizarase unha 'festa da espuma' e un 'karaoke' para os máis cativos.

Á noite, unha verbea amenizada pola orquestra 'Lamas' e o grupo 'Mutenrohi' darán por rematada a xornada do sábado. O domingo abrirase, ás 12.00 horas, coa tradicional misa solemne e ofrenda dos froitos das terras de Arnoia, seguida dunha degustación de pementos. A compoñente musical correrá a cargo, dende as 23.00 horas, do grupo 'Faltriqueira' e a gaiteira ourensá Cristina Pato, cunha sesión pirotécnica final.

Te puede interesar