VERANO

Os voluntarios aportan a nota de convivencia na MIT

Un total de 30 persoas encárgase de axudar ó público e ás compañías que acuden a Ribadavia

A Mostra Internacional de Teatro funciona coma unha gran máquina onde cada peza debe encaixar á perfección a fin de conquerir un resultado axeitado en cada unha das dez xornadas de desenvolvemento do festival. Ademais da cúpula organizativa e dunha empresa que se responsabiliza da montaxe e desmontaxe dos escenarios no Auditorio Rubén García do castelo, existen unha serie de persoas que constitúen a infraestructura básica a nivel operativo.

Trátase das veciñas e veciños de Ribadavia que, de xeito altruísta, prestan a súa colaboración en diferentes apartados. Un número aproximado de 30 personas que forman o voluntariado do festival e que prácticamente pasan desapercibidas fronte ós espectáculos teatrais. Parte delas son as encargadas de proporcionar información antes das funcións nos accesos ó auditorio, e de acompañar ós espectadores ata as súas butacas numeradas.

Outras adícanse diariamente a distribuir a cartelería por todo o municipio e de servir de guías ós integrantes das compañías que actúan nas parroquias do rural, coma é o caso de Francelos, San Paio ou San Cristovo. Ademais, hai voluntarios que levan a cabo tarefas de traductores e de axuda na producción técnica. "Eles son os que tamén reciben e dan a benvida ós actores, directores e equipos das compañías que chegan de fóra", apunta o director de la MIT, Roberto Pascual. Esta tarefa de acompañamento durante a súa estancia en Ribadavia "fai que os profesionais da escena se sintan arroupados e non sós, favorecendo así a convivencia", engade. Por outra banda, a Concellería de Cultura aporta, asimesmo, o seu grao de area. Tres traballadores deste departamento atenden ó público na oficina da Mostra, ubicada na Praza Maior, onde venden as entradas en horario de mañá e tarde, antes de abrir o portelo do castelo ás nove da noite. 

Te puede interesar