Roteiro literario polo entorno de Trasalba

Foto de grupo de tódolos participantes no roteiro literario no entorno do pazo-museo Otero Pedrayo.
photo_camera Foto de grupo de tódolos participantes no roteiro literario no entorno do pazo-museo Otero Pedrayo.

A Fundación Otero Pedrayo organizou un Roteiro literario por Trasalba ao que asistiron preto de 100 persoas que poideron percorrer os lugares da parroquia de Trasalba que inspiraron a obra literaria do Patriarca das Letras Galegas.

Os camiñantes saíron do pazo-museo Otero Pedrayo, e despois de percorrer lugares tan fermosos e de tanto calado histórico, coma o pazo de Gaión ou pazo do Campo, o Quintairo ata o muiño do Ruzo, onde o escritor ambientou un dous seus contos, retornaron novamente ao pazo, pasando pola Bergueira, Outeiro e rodearon o Penedo redondo, referente na historia e na obra de Don Ramón.

Te puede interesar