xornal escolar

Aberto o prazo de entrega do Xornal de Verán

OIRA 31/08/2018.- Taller de prensa en el Aula da Natureza. José Paz
photo_camera A Aula da Natureza acolleu un obradoiro para amosarlle aos cativos como se realiza un xornal de verán.

Escolares de Primaria e ESO convértense en xornalistas e optan a un fantástico premio dunha viaxe a Disneyland París

O Xornal Escolar presentou este verán a primeira edición do concurso Xornal de Verán. Este certame xa ten aberto o prazo de entrega dos traballos e continuará así ata o día 30 de setembro. 

Os nenos e nenas de Primaria e ESO son os destinatarios deste concurso no que deberán elaborar o seu propio xornal a partir de novas publicadas este verán en La Región. Deberán seleccionar as novas, recortalas e pegalas nos bocetos. A parte máis valorada do traballo será a dos comentarios de cada participante, que ao lado de cada nova deberá engadir unhas liñas nas que expoña o motivo da elección da nova e a comente ao seu gusto. O resultado deberá ser un vistoso exemplar de verán na que os nenos e nenas amosarán as súas cualidades como xornalistas. 

Todas as bases do concurso aínda se poden consultar en concursos.laregion.net. Cando xa teñades rematados os traballos, poderedes facelo chegar mediante email a [email protected] ou ben por correo ordinario a La Región, Polígono Industrial San Ciprián de Viñas "David Ferrer", Rúa 4, s/n, 32901 A Zamorana, Ourense. O mellor traballo de cada unha das dúas categorías, Educación Primaria e ESO, recibirá unha fantástica viaxe coa súa familia a Disneyland París.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?