PHOTOCALL

Adentrados no mundo dos castelos

DSC05328_result

Un interesante proxecto sobre os Castelos ocupou boa parte do primeiro trimestre dos nenos e nenas do CEIP Carlos Casares de Xinzo de Limia. Xa rematado este estudo, fan balance do moito que aprenderon e canto se divertiron con este tema.

Para celebrar o remate deste apaixonante proxecto, prepararon un festín. Escolares e mestras vestíronse para a ocasión cos traxes de princesas e cabaleiros. Non faltou un baile medieval, así como unha serie de xogos de maneira rotativa, todos eles relacionados coa temática. Así, participaron en carreiras de cabalos, zancos, construción de castelo e bolos. En todas estas actividades contaron coa axuda das familias. Para rematar a xornada festiva, todos xuntos compartiron unha comida a base de brochetas de froita, sandwiches variados, rosquillas ou canapés, entre outras delicias gastronómicas. Como en todo banquete que se precie, non faltou a beberaxe máxica con conxuro incluido realizado pola Maga Susana. A actividade foi todo un éxito e os nenos e nenas do Carlos Casares xa son uns verdadeiros expertos na temática dos castelos e as peculiariades que os rodean. 

CONCERTO e TEATRO Durante a xornada festiva tamén se incluiu un breve concerto feito polos nenos do cole que acuden ao conservatorio. Entre os instrumentos que se escoitaron atopábanse: flautas, violín, piano, trompetas... Tocaron unhas curtas pezas acompañados pola súa mestra Esmeralda. As familias escenificaron mediante un teatrillo de títeres o conto:"La Leyenda de San Jorge". Foi así unha xornada magnífica.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?