COLE A COLE

Alumnado con autonomía en el CEIP Filomena Dato

20170327110214968_result

No CEIP Filomena Dato participan en numerosos proxectos durante o curso, un dos salientables trata sobre a "Mobilidade sostible e segura", co fin de recuperar espazos e facilitar o desprazamento polas rúas ata o centro

O CEIP Filomena Dato é un centro de ensino de referencia no Concello de Barbadás. O colexio de Infantil e Primaria está ubicado en A Valenzá e conta este curso con máis de 300 alumnos e alumnas, concretamente 336, e con 31 profesores expertos nas diversas materias que se encargan da súa formación académica e integral. A vida no centro é moi dinámica xa que escolares e profesores están implicados nun gran número de actividades e proxectos cos que aprenden e complementan os coñecementos adquiridos previamente nos libros.

Hai uns días, as cámaras de Telemiño visitaron este centro de ensino de Barbadás para ser testigos de boa parte das actividades que escolares de Infantil e Primaria levan a cabo no seu día a día. Deste xeito apreciaron moito movemento xa que cada departamente ten as súas propias actividades programadas, ás que se lles suma as que organizan de xeito global todos os membros da comunidade educativa.

Son numerosos os proxectos e actividades nos que participan durante todo o curso, ben é certo que están todos moi implicados nun que se enmarca no Plan Proxecta. Trátase de “Mobilidade sostible e segura”, é unha continuidade ao que se xa se traballou o pasado curso e xurde coa intención de recuperar espazos para a infancia e solucionar as dificultades que éstes teñen para desprazarse sen acompañamento dos adulttos ao colexio e tamén poder moverse e disfrutar libremente do xogo nas rúas de A Valenzá.

Neste ambicioso proxecto non só está inmersa a comunidade educativa, xa que tamén contan  coa colaboración de diversas institucións como o Concello, Policía Local, DGT, medioambiente, etcétera. O obxectivo principal é aumentar a autonomía do alumnado nos desprazamentos ata o colexio e disminuír considerablemente a cantidade de vehículos que transportan ao alumnado e ao profesorado do centro.

A implicación do equipo directivo e do profesorado é fundamental para o desenvolvemento do proxecto, sendo os nenos/as os protagonistas principais do proxecto, sen esquecer as familias, as administracións locais e diferentes asociacións e entidades cidadáns.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma