XORNAL ESCOLAR

Amencer celebra o seu patrón

BOSCO_result
photo_camera Fotografía lembranza do 200 ANIVERSARIO de Don Bosco.

A Asociación Xuvenil Amencer vestiuse de gala para celebrar un ano máis e por todo o alto a festa do seu patrón San Xoán Bosco.

A Asociación Xuvenil Amencer vestiuse de gala para celebrar un ano máis e por todo o alto a festa do seu patrón San Xoán Bosco. Os máis cativos, nenos e nenas de 6 a 14 anos, participaron nunha gran festa infantil, tratábase dunha velada artístico-musical no salón de actos do colexio Salesianos. Na proposta lúdica participaron os pais e nais dos cativos e tras as actuacións, todos xuntos compartiron un ágape co que celebraron o día do seu patrón. Posteriormente, os mozos e animadores de Amencer celebraron tamén a súa gran festa. Comezaron cunha eucaristía polo día de San Xoán Bosco, este ano especial polo Bicentenario do seu nacemento.  Posteriormente, compartiron varias competicións deportivas e un rastrexo por whatsapp polo casco vello da cidade que foi todo un éxito. Xa pola noite, tiveron a súa tradicional cea e unha sobremesa na que non faltaron xogos e múltiples actividades de lecer para todos os participantes.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante