cole a cole

Animación á lectura no CEIP José García De Mende

1op0500_result

Neste proxecto do CPI José García García está implicado todo o profesorado, coordinado polo equipo de Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística

O CPI José García García, de Mende, está situado nun entorno privilexiado, rodeado de natureza, onde convive alumnado dende os 3 ata os 16 anos. A parte do entorno natural, o xardín botánico e o horto escolar, o centro conta con aulas específicas para idiomas, informática, tecnoloxía, educación artística, educación física..., así como encerados dixitais e ordenadores en practicamente todas as aulas. 

Este ano está marcado pola renovación total do centro educativo: a iluminación led, o illamento térmico, a dotación de material informático e de encerados dixitais e a nova decoración dos espazos, que fai moito máis agradable o traballo do persoal e do alumnado. O transporte escolar, as actividades extraescolares e o comedor, con elaboración propia, redondean a oferta deste centro que non para de crecer nestes últimos anos.

Ademais das perfectas instalacións e dos múltiples servizos que ofrece sinalamos como claves do éxito acadado: a convivencia, a integración en diferentes niveles educativos, a atención á diversidade, (desde alumnado con dificultades ata as altas capacidades), as numerosas actividades complementarias, as saídas didácticas, a sección bilingüe, o plan de formación do profesorado e os proxectos interdisciplinares que se levan a cabo co alumnado.

No centro educativo de Mende destaca a implicación de toda a comunidade educativa para facer deste CPI un centro dinámico e na procura continua dun ensino público de calidade.

Un centro inmerso en diferentes proxectos, nesta reportaxe destacamos: o Proxecto de Animación á Lectura para que o alumnado adquira o hábito lector, a través da mellora da comprensión lectora e de actividades de animación. A animación á lectura realízana desde diferentes ámbitos: 1. O Club de Lectura, formado por profesorado e alumnado. 2. A hora de Ler, paran as clases todos os días durante media hora para ler, tanto o alumnado como o profesorado. 3. As Unidades Didácticas de Comprensión Lectora. 4. As actividades, concursos e certames ao longo do curso: Concurso de poemas, concurso “unha foto un libro”, As Letras Galegas, O Samaín, etc.  Coordinado polo equipo de Biblioteca e o Departamento de Dinamización Lingüística.

Tamén destacar que están dando un impulso á aprendizaxe dos idiomas, coa sección bilingüe en Inglés, a convivencia en Francés e as saídas didácticas en ambos idiomas. Para o vindeiro curso esperan a incorporación dun auxiliar de conversa en Inglés.

O Proxecto de Robótica e programación de aplicacións móbiles, para lograr a adaptación dos alumnos aos procesos productivos co deseño e construción de creacións propias, tanto nas clases de Tecnoloxía como na actividade extraescolar que oferta o centro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?