IES SANTA CRUZ DE SAN CIBRAO DAS VIÑAS

Unha aula e infinitas aprendizaxes

20170306193029267_result

No EEI Santa Cruz utilizan un método globalizador para potenciar a autonomía e despertar a cursiosidade por coñecer e aprender

Na Escola de Educación Infantil Santa Cruz, de San Cibrao das Viñas, utilizan un método globalizador con actividades que contribúen ao desenvolvemento integral dos nenos para que sexan máis autónomos, para desenrolar as súas habilidades, para despertar a súa curiosidade por coñecer e aprender e para que se fagan personas máis sociables. 

Nesta escola de Educación Infantil traballan a diario para que se sintan seguros e queridos e para que o centro sexa unha continuidade da vida familiar, diferenciando as actividades que se realizan en cada lugar e as personas que forman parte dos dous ámbitos tan importantes para o alumnado.

O centro conta con dúas aulas: una é para a clase diaria e na  outra realizan a actividade física, clase da profesora de Audición e Linguaxe e para recreo cando chove ou vai moito frío .

O horario do EEI Santa Cruz é de 9:00h ás 14:00h, pero está adaptado  ao horario de traballo das  familias; está aberto de 8:30 ás 14:30h. Si fose necesario o Concello oferta atención temperá. O plazo de solicitude de admisión para o próximo curso é do 1 ao 20 de marzo.

Todos os estudantes, do EEI Santa Cruz, están na mesma aula e a mestura das tres idades (tres, catro e cinco anos) é moi positiva tanto para os maiores como para os que comezan no colexio: os primeiros síntense responsables, coidan dos pequenos, lenlles contos e axúdanlles nas dificultades. Para os pequenos a seguridade que ven nos maiores, a autonomía nas súas accións facilítalles unha rápida  integración no ambiente escolar. Neste centro educativo as novas tecnoloxías forman parte da súa ensinanza. Contan con dúas Pizarras dixitais e ordenadores de aula.

Outro aspecto a sinalar é a boa e diaria relación coas familias, xa que facilita a aprendizaxe de todos os estudantes: calquera anécdota, calquera novidade ou algo reseñable que ocurra é compartido día a día. Esto é moi positivo para un desenrolo armónico de cada estudante. En todo momento hai flexibilidade horaria, cando as circunstancias das familias o solicitan. As escolas unitarias de: Noalla, Taboadela e Solveira, reúnense neste centro educativo porque é unha escola que ten dúas aulas e recinto escolar pechado. Conxuntamente conmemoran varias festividades con divertidas actividades como a do Magosto. No Entroido recibiron á escola de Noalla, os dous centros pertencen ao Concello de San Cibrao das Viñas, e as saídas escolares realízanas conxuntamente. Teñen unha relación continua e de total colaboración.

Destacar que como actividade extraescolar, dende hai varios anos, imparten música, os xoves pola tarde, organizado polo Concello de San Cibrao das Viñas.
 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?