COLE A COLE

Unha biblioteca moi dinámica

xornaaaaaaaa_result
photo_camera CEIP Rogelio García Yáñez

No CEIP Rogelio García Yáñez traballan para que os estudantes sintan a necesidade de ampliar coñecementos, de investigar e de facerse máis autónomos.

Dende o ano 2006 a biblioteca do centro escolar de Ramirás forma parte do Plambe (Plan de melloras das bibliotecas escolares) da Xunta de Galicia.  Ao longo deste curso levaranse a cabo unha gran variedade de actividades: marcalibros individuais, exposicións de lecturas de diferente temática, celebrarán o día das bibliotecas escolares coa visita do cantacontos Anxo Moure, as mochila viaxeiras voltarán as casas de todos os nenos (libros de manualidades artísticas, pequenas enciclopedias, CD rooms de xogos educativo), tamén realizarán un mural coa exposición das distintas máscaras dos traxes tradicionais do Entroido ourensán e un ano máis levaranse a cabo as exitosas xornadas de contacontos e exposicións artísticas nas que participan as familias.

Da biblioteca escolar tamén parten actividades para conmemorar os días sinalados do calendario escolar: Magosto, Samaín, Nadal, Día da Paz, Entroido, Día de Rosalia, Semana da Prensa, Día da poesía, Semana da Auga e da Árbore, Semana do Libro e da Literatura infantil e Xuvenil, Letras galegas coa participación nos encontros do Teatro de Bande...e un sinfín de actividades que podedes seguir no blog da biblioteca e no Facebook.

xor2_result
Por segundo ano consecutivo a Biblioteca do centro escolar de Ramirás traballa os seguintes obxectivos: coñecer e valorar a arte, coñecer os datos máis relevantes da biografía dos pintores seleccionados, aprender a expoñer as técnicas e correntes artísticas dos pintores, aprender a investigar a partir de diferentes fontes documentais, elaborar materiais de produción propia: (libros, carteis), expoñer a información e sobre todo aprender a traballar en equipo, respectar os puntos de vista dos demais, fomentar a creatividade artística e potenciar a lectura de distintos tipos de textos en diferentes soportes.

Galería de Arte no colexio Ramirás

A biblioteca do Rato do Ceip Rogelio García Yáñez o curso pasado levou a cabo o proxecto: Arte I: A pintura como linguaxe da luz e das cores, no que realizaron lecturas adaptadas ás distintas etapas educativas, unha exposición de libros relacionados coa arte e investigaron as correntes e técnicas usadas por pintores universais: Picasso, Kandinsky, Miró, Dalí, Frida Kahlo, Andy Whachol, Van Gogh e Botero. Este curso xa está en marcha o proxecto titulado: Arte II: A pintura e escultura como fomento da creatividade, é unha continuidade do anterior e xa están a facer lecturas relacionadas co tema e preparan  unha exposición de libros.

mascota_resultEste curso investigarán as correntes e técnicas usadas por pintores galegos como Luis Seoane, Maruja Mallo, Laxeiro...Realizarán grandes obras de arte (láminas, cadros, retratos, pequenas esculturas …) que serán expostos na, xa coñecida, Galería de Arte Rogelio García Yáñez, situada nos corredores do colexio. Con este tipo de proxectos trabállanse todas as competencias, pero sobre todo a de aprender a aprender así como a competencia no coñecemento e interacción co mundo. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma