CEIP AMARO REFOJO DE VERÍN

Bicicletada polas rúas de Verín

En torno a 200 persoas entre escolares, pais, avós e asociacións ciclistas da vila do Támega participaron na ruta

Un grupo de escolares durante o percorrido ata Cabreiroá.
Un grupo de escolares durante o percorrido ata Cabreiroá.
Bicicletada polas rúas de Verín

As rúas de Verín enchéronse de bicicletas por segundo ano consecutivo para conmemorar por todo o alto a 2ª Bicicletada Escolar "Amaro Refojo". O obxectivo desta iniciativa é apostar por unha mobilidade sostible e preto de 200 persoas se sumaron a actividade. Aos escolares de 3º, 4º, 5º e 6º do CEIP Amaro Refojo sumáronse veciños, profesores, pais e demais familiares nunha ruta que tomou como punto de partida o centro de ensino de Verín e que percorreu numerosas rúas da vila ata chegar a Cabreiroá.

Os escolares amosáronse encantados con esta iniciativa na que o pasaron estupendamente, pero o máis importante é que foron os propios cativos os que quixeron salientar a importancia de apostar por medios de transporte intelixentes e limpos, como son neste caso as biciletas.