WHATSAPP Ó DIRECTOR

Campiós do Rally Matemático Sen Fronteiras

Dende a dirección e o claustro de profesores do IES O Couto, non queren perder a oportunidade de brindarlle a súa máis efusiva noraboa ao equipo de alumnos e alumnas de 2º da ESO

Campiós do Rally Matemático Sen Fronteiras

Dende a dirección e o claustro de profesores do IES O Couto, non queren perder a oportunidade de brindarlle a súa máis efusiva noraboa ao equipo de alumnos e alumnas de 2º da ESO integrado por: Luis Martínez García, Eva Espinosa Fernández, César Nieto González, Jaime Nieto González, Alejandro Gómez González, Sara Balboa Pérez, Xosé Xabier Coira González, Abel Fornos Fernández. Este grupo de estudantes ourensáns vén de gañar o primeiro premio na superfinal internacional do XXV Rally Matemático Sen Fronteiras, celebrado hai uns días na cidade francesa de Toulouse. 

Noraboa por partida doble, porque nesta proba non só hai que amosar os coñecementos matemáticos, senón tamén a capacidade de traballar en equipo. Parabéns que fan extensibles as dúas profesoras que os acompañaron: Rosa Díaz Lama e Ana Belén Álvarez.

Tamén queren agradecer , as grazas as institucións (Consellería de Educación, Concello de Ourense, Concello de Toén, Deputación de Ourense...), que colaboraron económicamente cos gastos de desprazamento e aloxamento que xerou a participación dos escolares nesta proba.

O traballo e a ilusión deste alumnos non ten prezo, e merece todos os recoñecementos. Cando a Educación en xeral, e a educación pública en particular, viven tempos convulsos, temos que agradecer a este grupo de rapaces que contibúan a que nós, os docente, manteñamos a ilusión diaria polo traballo ben feito.

Parabéns tamén para os alumnos do IES Blanco Amor da nosa cidade que gañaron o primeiro premio na categoría de 3º da ESO, e ao seu profesor acompañante Xosé Luis D. Leyes.

Ourense acadou recoñecemento internacional en Toulouse. Grazas rapaces!