AULAS ABERTAS

Casardomato no estudio de Telemiño

20170330183424906_result

Nesta ocasión foi María Teresa Sotelo, mestra de Relixión Católica e encargada do comedor, a concursante deste divertido e ameno programa.

Esta semana os estudantes de Educación Infantil do Ceip Plurilingüe Profesor Albino Núñez, visitaron o estudio de Telemiño para gravar o programa Xornal Escolar. Presentaron os principais proxectos do centro educativo facendo especial fincapé na Ecopatrulla de Casardomato, un proxecto de coidado e respecto polo medio ambiente, neste centro educativo gozan da natureza.

Un apaixoante proxecto no que colabora toda a comunidade educativa.

Nesta ocasión foi María Teresa Sotelo, mestra de Relixión Católica e encargada do comedor, a concursante deste divertido e ameno programa.

Os estudantes, no estudio de Telemiño, estaban representados por Ana González, Martín Boán e Yeray De Matos, que realizaron un estupendo traballo de presentadores xunto con Conchi Pérez. 
Antes de comezar coas adiviñas e as preguntas á mestra, falaron das múltiples, divertidas e didácticas actividades que organizan e o ben que o pasan, mestres e docentes, no centro educativo de Casardomato. Son unha gran famlia na que todos suman. Visionaron un interesante video que días antes gravaron no seu colexio. Recibiron moi ledos ás cámaras de Telemiño, unha estupenda experiencia televisiva para todos.

ADIVIÑAS 
Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas a súa mestra. Con aterioridade tamén gravaron os videos das adiviñas no seu centro educativo. .
A mestra de relixión, Maite Sotelo, superou con éxito todas as probas coa magnífica axuda que lle proporcionaron os estudantes do Ceip Plurilingüe Profesor Albno Núñez.

LA REGIÓN NAS AULAS
Varios estudantes len e debaten sobre diferentes temas do periódico La Región e do suplemento, Xornal Escolar. 
Unha ferramenta importante para estar informados e traballar contidos do currículo. 

RONDA DE PREGUNTAS
Os tres axudantes de Conchi Pérez, Ana, Martín e Yeray, exerceron de fabulosos reporteiros e realizaron varias preguntas a :

Maite, gústache o horto da nosa escola?
A min gústame moito traballar no horto, penso que é un espazo que nos une a todos. É un rincón donde nos esforzamos e vemos o froito do noso traballo. Podemos traballar todas as materias e moitos valores. Creo que o horto é un recurso moi bo en educación. 

Por que temos que comer tanta froita no colexio?
Polo importante que é para a nosa alimentación. Como curiosidade dicir que os Deuses comían moita froita para ter poderes máxicos. É moi boa para o noso cardio, porque aporta vitamina C...e sobre todo porque é moi boa para a nosa saude.

No comedor escolar comemos o que plantamos no horto?
Claro que si, porque é moi ecolóxico e aforramos cartos. É unha maneira de motivar aos estudantes ao dicirlle que parte foi cultivado por eles.

ALTERNATIVA OCIO
Cada semana podemos ver un sinxelo e divertido obradoiros de reciclaxe para despertar o interese por realizar manualidades no colexio ou en familia.

Como alternativa de ocio, O Ceip Plurilingüe Profesor Albino Núñez, propon a lectura en familia e ao aire libre. En contacto coa natureza podemos gozar do pracer de ler. Neste centro teñen un recuncho de lectura exterior, rodeados de natureza, que se chama O xardín dos sentidos. É un lugar de relaxación e gozo da apaixoante aventura de ler. Neste espazo está a árbore dos problemas, donde os estudantes que se atopan nunha situación incómoda ou de preocupación, escríbeno ou debuxano, e deixano na árbore, alí sempre encontran resposta.

Os estudantes do Ceip Plurilingüe Albino Núñez despediron o programa mergullados na natureza e gozando do pracer de ler e de viaxar a través dunha agradable lectura.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?