COLE A COLE

O comedor un espazo de aprendizaxe

20161020171010380_result
photo_camera Os estudantes de Cartelle divídense en grupos de diferentes idades para potenciar a colaboración e facilitar a convivencia entre todos.

No CEIP San Sarcos potencian o comedor escolar para mellorar a convivencia entre os estudantes e favorecer 
hábitos saudables

O comedor escolar non debe quedar convertido nun servizo de comidas ao marxen do proxecto educativo, é un servizo complementario de carácter educativo e social que está regulado polas administracións educativas. 
No CEIP San Marcos consideran o servizo de comedor como parte  integrante das súas actividades obxectivos, horario e contido educativo.

Traballan para desenvolver hábitos alimentarios saudables, adquirir hábitos de hixiene e orde, adquirir normas de educación e saber estar na mesa, promover a adaptación do alumnado a unha diversidade de menús, fomentar o compañeirismo e as actitudes de respeto e tolerancia, concienciar nos valores do uso adecuado da comida e colaborar nas funcións e respetar ao persoal responsable do comedor.
Vimos de comezar un novo curso, un tempo para relacionarnos con compañeiros e compañeiras, poñernos ao día, afianzar coñecementos, actitudes e hábitos. Cada espazo do centro escolar ten os seus propios obxectivos, as súas características e o comedor escolar non pode ser menos.


Trátase dun lugar que nos permite continuar co labor educativo e que nos axuda a consolidar unha serie de actitudes e hábitos relacionados coa hixiene, a alimentación, a saúde, a sostibilidade, o consumo responsable, a orde e a convivencia. No comedor escolar do centro educativo de Cartelle trabállanse valores como a solidariedade, a cooperación e a tolerancia. E todo isto enmarcado nun contexto distendido e de ocio.


Un dos obxectivos fundamentais deste comedor é o de programar unha dieta sa e equilibrada, cunha variada oferta que inclúe alimentos de todos os grupos da pirámide nutricional. Inclúen peixe fresco e todo tipo de produtos de tempada que se combinan nas proporcións adecuadas para propiciar unha vida saudable. Organizan as mesas de xeito que se produzan cambios nos roles habituais do alumnado, que pasan a adquirir hábitos e responsabilidades nas tarefas do servizo de comedor; propiciando ao mesmo tempo a cooperación, a tolerancia e a solidariedade entre compañeiros e compañeiras, tanto dentro das aulas coma nos recreos.


Ademais de incluir diariamente actividades de lectura do menú tamén favorecen e potencian o cepillado de dentes como unha actividade educativa máis, para conseguir un único fin: uns mellores hábitos de hixiene e saúde que redundarán nunha mellor calidade de vida para todos. No centro escolar de Cartelle contemplan, coa implicación e colaboración da cociñera, a encargada de comedor e o director, o comedor escolar como unha actividad educativa importante e divertida na que aprenden hábitos alimentarios correctos e descubren novos sabores.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma