GRAVANDO

A creatividade dos "sketches” teatrais

20180430111424609SS

Outra das actividades do programa foi un obradoiro de marcapáxinas onde os escolares deixaron voar a imaxinación

O alumnado de ESO participou nunha actividade na que misturaron ciencia e teatro para renderlle unha homenaxe ás grandes amizades que fixeron posible o avance da ciencia ao longo da historia. A importancia da lectura e dos libros á hora de descubrir, comprender e valorar a realidade que nos rodea e soñar novas realidades quedou manifesta en cada unha das actividades que se sucedeu durante os catro días nos que se prolongou o V Festival do Libro. As cámaras de Telemiño foron testemuñas da cuarta xornada de celebración do Día do Libro no Colexio Padre Feijoo Zorelle. Así, Conchi Pérez e o seu equipo compartiron cos nenos e nenas de 5 anos un precioso proxecto que se denominou “Abraza este libro”. Aprenderon a coidar os libros e a darlle a importancia que verdadeiramente teñen xa que agochan moitos tesouros e son fonte de emocións. O alumnado de Educación Infantil, estaba a traballar nun obradoiro de marcapáxinas no momento que chegaron as cámaras de Telemiño. Deste xeito, no programa deste sábado poderedes apreciar o resultado do seu traballo que soamente podemos adiantar que foron excelentes. Os escolares de Primaria tamén quixeron elaborar marcapáxinas e amosaron a súa imaxinación á hora de elaborar estes artigos que a bo seguro lles serán de gran utilidade á hora de gozar dos seus momentos de lectura. 

O alumnado da ESO tamén estaba moi concentrado noutra das actividades cando chegaron as cámaras do Xornal Escolar. Divertíronse moito cuns “sketches” teatrais escritos e interpretados polos integrantes de Ciencia Activa, coordinado por Beatriz Temes. Foi unha actividades máxica na que teatro e ciencia se misturaron co obxectivo de renderlle unha homenaxe ás grandes amizades que fixeron posible o avance da ciencia ao longo da historia,  desde Hipatia de Alejandría a Ada Lovelace pasando por Edison, o matrimonio Curie, Ramón y Cajal e Fleming, todos eles cobraron vida gracias á creatividade dos mozos e mozas entusiastas da ciencia.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma