XORNAL ESCOLAR

Difusión da poesía desde as aulas

Ourense 6-10-2017  CEIP MESTRE VIDE. Certamen Poético y recital
photo_camera O grupo de escolares do CEIP Mestre Vide durante a actividade de encontros con poetas.

Con motivo do VIII encontro Internacional de Poesía, recoñecidos poetas de todo o mundo percorreron os centros de ensino da cidade para compartir co alumnado unha actividade sobre este xénero literario

Escolares de oito centros de ensino da cidade de As Burgas compartiron recentemente unha actividade diferente, interesante e moi amena. Tratábase de encontros con recoñecidos poetas de todo o mundo. Esta actividade, encadrada no VIII Encontro Internacional de Poesía, foi unha ocasión única para que os escolares de Ourense coñeceran de preto a diversos profesionais deste xénero literario, que lles brindaron unhas clases maxistrais de poesía coas que se divertiron e aprenderon moito. Durante o encontro os poetas convidados intercambiaron experiencias co alumnado, aos que fixeron partícipes da súa relación a través dos anos coa poesía e as súas principais vivenzas.

Tamén leron algúns dos seus poemas máis destacados e respostaron a todas as preguntas que os escolares tiñan preparadas para a ocasión. O momento máis práctico do encontro foi cando lle tocou aos alumnos recitar algúns poemas, para elo seguiron atentamente as indicacións que previamente lles proporcionaron os convidados. A experiencia resultou ser magnífica e moi enriquecedora xa que achegou ás aulas un xénero literario tan importante como é a poesía dun xeito moi ameno.

O obxectivo desta actividade programada é potenciar, a través de recitais e charlas de escritores, o coñecemento e a difusión da poesía e, por extensión, de toda a literatura entre os escolares. Tamén se pretende dar a coñecer as obras de autores de outras zonas da xeografía mundial. Para o Círculo Poético Ourensán é importante que os escolares convivan cos poetas, xa que esto fai que a poesía non sexa algo inalcanzable, senón palpable.

Tratábase así da oitava edición do Encontro Internacional de Poesía e desde o primeiro ano tiveron moi claro que a actividades cos escolares era fundamental, de feito, cada ano son máis os centros de ensino que se suman a esta iniciativa e desde a organización agardan que este número se siga incrementando. 

Esta actividade, organizada polo Círculo Poético Ourensán súmase a moitas outras que organiza o colectivo ao longo do ano para que xa desde nenos se adquira un hábito por ler, comprender e amar á poesía.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma