CONCURSO EN TELEMIÑO

Divertida experiencia televisiva

escolares do ceip manuel luis acuña participaron no programa Xornal Escolar, onde o pasaron en grande e someteron a dúas das súas mestras a preguntas e adiviñas

Dous alumnos e dúas mestras do CEIP Manuel Luis Acuña participaron no programa de Telemiño Xornal Escolar. Como público, un nutrido grupo de escolares de Primaria deste centro de ensino ourensán que está inmerso en numerosos proxectos e quixo compartir cos espectadores boa parte deles.

O programa arranca cun vídeo no que se recolleu a visita do alumnado ao Concello de Ourense, onde acudiron a cantar as Janeiras. Os escolares e profesores coincidiron en sinalar que foi unha actividade estupenda na que o alcalde e a edil de Educación foron testigos dunha das actividades na que están inmersos e que forma parte da oferta de Lingua e Cultura portuguesa coa que contan neste colexio. 

ADIVIÑAS 
Tras o vídeo, as mestras convidadas exerceron de concursantes e tiveron que resolver unhas adiviñas coas pistas que os propios escolares do centro gravaron días antes, coincidindo coa visita de Telemiño ao seu colexio. As profesoras responderon con atino cada unha das adiviñas, foi sen dúbida un momento do máis divertido que destacou pola simpatía e imaxinación coa que os escolares describiron cada unha das incógnitas. 

LA REGIÓN NAS AULAS
Durante a visita de Telemiño ao Manuel Luis Acuña, os escolares demostraron que len a prensa e que a empregan como unha ferramenta moi importante no seu día a día. Os escolares tamén coñecen ben o Xornal Escolar, suplemento que recolle moitas das actividades que realizan o a onde os alumnos lles gusta acudir para verse.

RONDA DE PREGUNTAS
Un dos momentos máis divertidos chegou co turno de preguntas ás mestras convidadas ao programa. Ben é certo que os escolares se portaron moi ben e soamente lles formularon unha pregunta a cada unha, moi sinxelas e nada comprometidas.

Á profesora Carla Susana Dos Santos fixéronlle unha pregunta persoal:
Por que decidiches ser mestra?

- Principalmente porque me gusta moito traballar cos nenos, é algo que adoro e por eso decidín ser profesora.

Á profesora de música, María del Carmen Blanco, lle preguntaron:
Por que escolle a frauta como instrumento para que toquemos na clase?

- Porque é un instrumento doado, ademais é fácil de adquirir e de transportar.
Entre vídeo e preguntas, as mestras do Manuel Luis Acuña aproveitaron para falarnos do seu colexio, das actividades que levan a cabo e non se esqueceron do seu horto, un espazo estupendo que teñen no centro e no que participan todos os alumnos con moito éxito.

Asesou animou aos nenos a facer escalada, un deporte moi completo

 



ALTERNATIVA OCIO
Antes de finalizar o programa, contaron coa visita de dous representantes de Asesou, Asociación de Escaladores Ourensáns, que compartiron cos escolares e co público de Telemiño as actividades que están a realizar dende a súa sede na rúa Ramón Puga. Convidaron a todos os escolares a sumarse a un deporte como é a escalada que entre moitas outras cousas lles axuda a superar os medos, mellora a condición física e conta con moitísimos máis beneficios. 
Cunha fermosa canción e con moi bo humor despediron os escolares do Manuel Luis Acuña o programa no que o pasaron estupendamente e agardan voltar pronto.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma