aulas abertas

Educación vial no estudio de Telemiño

photo_camera Los escolares en las puerta de La Región.

No CPR Cardenal Cisneros, coa colaboración de Stop Accidentes, educan, conciencian e sensibilizan aos estudantes en materia de educación vial, inclusión social e cultura

Para gravar o último programa, desta tempada, do Xornal Escolar, visitaron o estudio de Telemiño os estudantes do CPR Cardenal Cisnero. 

Nesta ocasión foi a profesora, Marila Abad, e o representante de Stop Accidentes, Beni Bouzada, os que se someteron ás probas e preguntas dos estudantes do CPR Cardenal Cisneros.

Os estudantes, no estudo de Telemiño estaban representados por Djihen, Alba e Alejandro que realizaron un estupendo traballo de presentadores xunto con Conchi Pérez. Entre todos realizaron un fabuloso programa no que educaron, concienciaron e sensibilizaron en materia de educación vial.

ADIVIÑAS 
Os estudantes definen un obxecto, acción ou personaxe para dar pistas a Marila e Beni. Con aterioridade recibiron moi ledos ás cámaras de Telemiño, gravaron os videos das adiviñas no seu centro educativo. Unha actividade moi divertida para estudantes e docentes. Superaron con éxito todas as probas .

LA REGIÓN NAS AULAS
Varios alumnos/as len e debaten sobre diferentes temas do periódico La Región e do suplemento, Xornal Escolar. Unha ferramenta importante para estar informados e traballar contidos do currículo. 

RONDA DE PREGUNTAS
Os co-presentadores exerceron de fabulosos reporteiros e realizaron tres preguntas:

Por que decidiches ser Guardia Civil?
Por vocación dende moi pequeno. Opositei e dende os 17 anos son Garda Civil.

Por que eres profesora?
A miña dúbida sempre foi se estudar matemáticas ou belas artes pero sempre quixen ensinar, ser docente. De pequeniña explicáballe aos meus compañeiros.

O próximo ano seguiredes con este proxecto?
Si, por suposto.

ALTERNATIVA OCIO
Na sección AUGAEscola visitamos á ETAP Os Coiñás, onde escolares do centro O Ruxidoiro e O Ceip Filomena Dato gozaron da visita ás magníficas instalacións desta estación de tratamento de auga potable, e estiveron moi atentos ás explicacións do persoal especializado de Viaqua.
Esta semana visitounos, Belén Iglesias, a concelleira de Educación do Concello de Ourense, para anotar en axenda as actividades de verán para escolares que se levarán a cabo  nos distintos colexios, bibliotecas municipais e aula de natureza en Ourense.

Por outro lado tamén estivemos con Sofia Godoy, a Concelleira de asuntos sociais, para estar atentos ás actividades que se ofertarán nos centros cívicos da nosa cidade.

Dende o Xornal Escolar animamos a todos os escolares a gozar dos campamentos e actividades lúdico-educativas no verán. Facer novos amigos xogando.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma