No colexio quixeron que esta actividade, ademais de ser unha festa, axudara a toda a comunidade a pensar e a sentir
Este ano o Entroido máis reivindicativo do colexio Profesor Albino Núñez foi todo un éxito. Empregaron bolsas de plástico para elaborar os disfraces e buscaron desde o primeiro minuto concienciar á comunidade educativa da importancia dos actos dos humanos para o coidado dos bosques e das árbores autóctonas.
Quixeron que nesta ocasión o Entroido, ademais dunha festa, se convertera nun recurso educativo que os axudara a pensar e a sentir.