En Bule Bule, os nenos somérxense nun ámbito único e multisensorial, dotado de
multitude de recursos que lles permiten en todo momento aprender ao seu xeito
Empregan unha metodoloxía con identidade e estilo propio.
Cales son os vosos principios pedagóxicos?
Baseamonos nos principios da pedagoxía libre, activa e non directiva donde os nenos son os protagonistas, sempre nun clima de apego e proporcionándolles un entorno cheo de estímulos que fomenta a aprendizaxe a través do xogo e o desenvolvemento personalizado de cada neno, potenciando os idiomas, a creatividade e a educación en valores.
O proxecto educativo caracterízase por unha innovadora e personalizada metodoloxía, cómo se define?
Caracterízase por fomentar as ganas de aprender dos nenos e das nenas. En Bule Bule, empregamos unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no xogo e no descubrimento mediante a experiencia, potenciando a autonomía e a autoestima dos nenos dende un ambiente lúdico e de contacto co entorno. Traballamos cos cativos dende unha perspectiva integradora e favorecedora para a aprendizaxe e o fomento da autonomía, coa finalidade de que sexan os nenos os protagonistas do seu propio proceso de aprendizaxe, fomentando neles un alto nivel de autoestima dando lugar a nenos creativos, imaxinativos, autónomos, comunicativos e capaces de resolver problemas por si mesmos, o que fará que o día de mañá sexan persoas responsables, con criterios propios e con capacidade para tomar decisións e ser respetuosos coas opinións dos demais e co entorno que os rodea. A educación emocional, a autoestima, sentirse querido e valorado, están dentro do noso proxecto educativo, como piares indispensables para axudar na maduración persoal e no aprendizaxe. Empregamos unha metodoloxía baseada no xogo, na experimentación, na manipulación fomentando a participación dos nenos e as súas familias, e tendo presentes os intereses propios da idade dos pequenos así como o respecto aos seus ritmos particulares e individuales de aprendizaxe.
Cales son as señas de identidade do profesorado do centro?
Somos un equipo xoven, dinámico, comprometido e con experiencia que comparte a paixón polos nenos e o desexo de integrar novas perspectivas e superar o establecido. Cremos nunha forma de traballar creativa, divertida e respetuosa cos nenos.
Que técnicas empregades?
Na escola planificamos e valoramos todos os momentos do día cunha intención educativa, tanto as rutinas (comida, aseo, sesta...) coma os diferentes proxectos e actividades que realizamos cos pequenos. Cremos nunha infancia protagonista na construción de coñecementos e no seu desenvolvemento, en interacción cos seus iguais, cos adultos, situacións e obxectos. Un dos piares fundamentais para acadar todo esto é educar en valores como perspectiva transversal en tódolos procesos xa que cremos que nestas idades tan temperás, é máis importante a viaxe que o destino. O desenvolvemento físico, emocional e intelectual require do desenvolvemento de valores fundamentais como son a autonomía, a liberdade, a creatividade, a responsabilidade, a tolerancia ou o respecto. Traballamos todos eles a diario.
Que actividades complementarias oferta o centro?
En Xullo e Agosto ofrecemos tamén a “Escola de Verán” para nenos e nenas de 3 a 6 anos. Realizamos un programa de estimulación musical e a práctica psicomotriz, son fundamentais na programación. Somos Escola adscrita ao Cheque Infantil da Rede de Entidades prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Benestar. e tamén o Cheque-Gourmet para aquelas empresas ou traballadores canxeable por servizos de escola.
Buscádenos en Facebook: "Bule Bule Escola Infantil" ou no teléfono 988.010.860.
AS DIRECTORAS
Yolanda Rivero: É a responsable de planificar e avaliar a programación da escola. Ademais é a encargada dos programas de fomento da creatividade, estimulación sensorial e Psicomotricidade ao mesmo tempo que exerce as tarefas propias da dirección do centro.
Pilar González: Exerce de directora da Escola Bule Bule coa súa compañeira Pilar González. Coordina orienta e dirixe as actividades do centro. Ademais é a responsable do Programa de estimulación das Intelixencias múltiples e animación á lectura.