SEGURIDADE VIAL

Os escolares súmanse á prevención de atropelos

20170502095024437_result

O colexio Cardenal Cisneros traballa nunha campaña na rúa impulsada por Stop Accidentes

Baixo o lema "No pierdas tu vida, tú eres el responsable", o Concello de Ourense coa colaboración de Stop Accidentes, a Concellería de Voluntariado, a Policía Local e Renault, puxeron en marcha unha campaña de concienciación e sensibilización sobre a prevención de atropelos a peóns. Deste xeito, percorren os barrios da cidade de Ourense e aqueles espazo onde se produxeron atropelos mortais.

O segundo día da campaña, Stop Accidentes implicou ao colexio Cardenal Cisneros xa que este centro de ensino está a traballar dende hai un mes no tema de prevención de atropelos a peóns. Trátase dun traballo na rúa, cun análise do comportamento dos peóns, recollida de información e despois realizarán unha actividade conxunta a finais de setembro para valorar todos os datos obtidos.

A peculiaridade deste alumnos é que moitos deles contan con diversidade funcional física e intelectual e dende Stop Accidentes sempre tiveron a inclusión social e a integración por bandeira, con elo realizan dúas facetas, unha psicosocial e outra da prevención en materia de seguridade vial.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma