PLENO INFANTIL DE VERÍN

Os escolares tomaron a palabra

Pleno infantil en Verín
photo_camera Pleno infantil en Verín

120 alumnos participaron no pleno onde se centraron nunha educación que fomente a tolerancia ou a solidariedade

Máis de 120 alumnos de Primaria e 1º de ESO dos centros educativos de Verín, Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España, participaron no Pleno Infantil convocado no Concello para coñecer as inquedanzas e os desexos de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila. O pleno infantil deste ano centrouse na valorización dunha educación que fomente a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Durante a sesión, presidida polo tenente de alcalde e concelleiro de Mocidade, Diego Lourenzo, a as concelleiras de Cultura, Educación e Festexos, Emilia Somoza, de Recursos Humanos e Réxime Interior, Rosario Rodríguez e de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Cándida Couñago, os nenos tiveron a oportunidade de expoñerlle aos membros da corporación municipal varias propostas.

Propostas como o acondicionamento e mellora das instalacións deportivas do Complexo Deportivo de A Granxa, a creación dun espazo de lecer para a mocidade ou a creación dun plan específico de melloras de accesibilidade e seguridade viaria para que os menores poidan acudir sós aos centros educativos de maneira segura.

Ao finalizar o pleno, os cativos tamén tiveron a oportunidade de expoñer as súas inquedanzas, tales coma os problemas de despoboamento, o consumo de drogas en parques públicos ou a correcta utilización do mobiliario urbano.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma