AULAS ABERTAS

Estupenda experiencia televisiva

photo_camera O grupo ao completo no plató do Xornal Escolar.

Escolares e profesores do CEIP do Bolo visitaron as instalacións de Telemiño e do diario La Región e aproveitaron para dar a coñecer o seu colexio e os encantos da súa localidade

As cámaras de Telemiño acudiron ao CEIP do Bolo para vivir in situ o seu Entroido. Aproveitaron a viaxe para conversar cos nenos e nenas do colexio e tamén co profesorado que lles contaron como é o seu día a día nun colexio do rural cheo de vantaxes e cunha relación moi especial entre todos os que conforman a comunidade educativa deste colexio. Tras este encontro, hai uns días, profesores e escolares do CEIP do Bolo devolveron a visita. Quixeron coñecer Telemiño e o funcionamento desta televisión local, así como partipar no programa que dirixe Conchi Pérez, Xornal Escolar. Aproveitaron tamén para coñecer a redacción de La Región e o departamente comercial e tiveron a oportundiade de formular preguntas aos que alí estaban traballando. 

Tras o percorrido polas instalacións, comezou o programa na que o CEIP O Bolo e o seu Entroido foron os protagonistas.Tras presentar o cole que participaba no Xornal Escolar, Conchi quixo coñecer mellor aos co presentadores, Hugo, Mercedes e Roberto, e tamén ao profesor convidado, que nesta ocasión era ademais o director do centro, Emilio. Posteriormente deu paro ao vídeo de presentación do colexio onde os escolares exerceron de magníficos reporteiros á hora de presentar o seu colexio, as magníficas instalacións coas que contan e todas as actividades que realizan ao longo do curso. A gravación coincidiu coa celebración do Folión polas rúas da localidade, o que permitiu coñecer mellor algún espazo destacado de O Bolo e as súas xentes.


Latricar


Tras o vídeo de presentación, continuraron coa sección Latricar. O profesor convidado tiña que adiviñar de que estaban a falar os nenos e nenas nunhas gravacións que se fixeron durante a visita ao colexio. Emilio non dudou e á primeira xa sabía que estaban a falar da localidade de O Bolo. O director do colexio quixo destacar a gran beleza deste pobo e o amplísimo patrimonio co que contan, moitas veces descoñecido.


Ler a prensa


Esta semana os encargados de ler a prensa foron os nenos e nenas de O Bolo. Destacaron aquelas novas de La Región que máis lles chamaron a atención e tamén se atreveron a dar a súa opinión ao respecto de diversos temas.


O profesor responde


É unha das seccións preferidas polos escolares que teñen a oportunidade de formularlle pregunstas ao profesor. 

¿Por que quixeches ser director do colexio?

Ao principio non o plantexaba pero cando cheguei o centro coñecín a que agora é a miña muller e fixen todo por quedarme.

Que fas no teu tempo libre?

Adícollo aos meus fillos á miña muller Patricia. Tamén gústame facer deporte e ir en moto.

Por que escolliches o colexio de O Bolo?

Non o escollín, cando aprobei a oposición mandáronme alí. Despois sentinme ben alí e decidín quedarme.


Aguaescola


A sección da semana de Viaqua é unha firme aposta pola educación. Esta semana as cámaras de Telemiño desprazáronse ata a La Molinera para ser testemuños de como os nenos e nenas a través dun programa informático creaban cidades da era dixital.

Antes de despedir o programa, Conchi falou cos convidados dos encantos que se poden visitar en O Bolo. Profesores e escolares despediron o programa cantando.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?