XORNAL ESCOLAR

Estupenda xornada de vendima

IMG_4747_result
photo_camera Os escolares aplicaronse moi ben nas súas tarefas.

A finalidade desta actividade é que os alumnos e alumnas deste centro coñezan ben as antigas costumes do rural

A experiencia tan positivas doutros anos fai que a Vendima sexa unha das actividades máis agardadas polo alumnado cada principio de curso. E volveu a tocar unha edición máis. Coas tarefas ben repartidas os escolares do colexio Sagrado Corazón de Celanova acudiron ao horto que dispoñen no propio centro onde teñen unhas estupendas cepas para facer a vendima.

A finalidade esta actividade é que os alumnos e alumnas deste centro coñezan ben as antigas costumes do rural, xa que moitos a pesar de ser da zona non as coñecen.

Na actividade participaron alumnos de Infantil e Primaria que se encargaron de recoller todos os racimos con coidado e posteriormente chegou o momento máis divertido: aplastar as uvas. Aproveitaron para pintarse os uns aos outros coas uvas tintas e tamén para tomar un tentempé tan exquisito como é a froita a media mañá.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma