ENTREVISTA A CARLOS FERREIRO

Exitosa convivencia

No IES Carlos Casares teñen un modelo educativo humano e integral, baseado na conexión real coa  sociedade que cuestiona críticamente os problemas do  mundo

Dende o ano 2003 no IES Carlos Casares de Viana traballan con exitosos proxectos de convivencia: Equipos de Mediación Escolar (pioneiros en Galicia), Educación para o Consumidor (traballando coa Escola Galega de Consumo), Educación para a Igualdade de Xénero (con Intered), Educación para o Desenvolvemento, xunto a Aecid, Cooperación Galega, e un proxecto propio de Irmanamento coa Unidad Educativa Timoteo Rondales de Bermejo (Bolivia). O centro forma parte dun proxecto da Escola de Mediación Jesús R. Jares, que difunden a Educación pola Paz en América latina xunto coa Unesco e A Fundación Área Andina.

Como valoran a dedicación a estes proxectos de convivencia?
Supuxo un pulo e un cambio de enfoque, na medida en que a filosofía do centro incide en que as aulas son un espazo aberto no que, por riba da obsesión con rematar temarios ou programas, ou impartir simples contidos, trátase de buscar un modelo educativo humano e integral, baseado na conexión real coa sociedade e que cuestione críticamente os problemas do mundo.

O centro forma parte da Educación para o desenvolvemento da Cooperación Española como se establece está relación e en que consiste?
A relación nace cando o Proxecto de irmanamento con Bolivia recibe o I Premio Nacional a la Educación para el Desarrollo Vicente Ferrer, en setembro de 2009. Desde entón, participamos como asistentes ou ponentes todos os anos nos Encontros Anuais de Docentes para o Desenvolvemento, que teñen lugar en diferentes puntos do estado. Aplicamos diferentes unidades didácticas nas aulas, mesmo algunha elaborada por nós, como “Consumindo nun mundo desigual”, e que resulta aplicable a diferentes áreas (matemática, lingüística, científica, artística).

Que actividades se levan a acabo a nivel aula?
Por concretar neste curso, ademais da curtametraxe solidaria coa Aecid destaca unha colaboración concreta cunha escola peruana de Pachacútec- El Callao, o Colexio Luísa Astraín, co proxecto Artes y Mares, que consiste no intercambio entre o alumnado andino e o noso de obras artísticas ou literarias que verán a luz nunha publicación dixital. 
Por outra banda, tamén destaca unha actividade que nos imparte Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), que é innovadora en Galicia, e que por primeira vez se desenvolve nuns poucos centros da comunidade, dirixida a 1º e 2º da ESO. Reforza, sobre todo, os valores éticos na información xornalística e trata de alertar contra os prexuízos étnicos ou sexistas.

E a nivel centro?
En xeral, a nivel de centro, o noso proxecto de irmanamento coa UE Timoteo Rondales de Bolivia, supón a “marca da casa”, a punta do iceberg que non debe ocultar outras tarefas que, a nivel máis local, reforzan a importancia do traballo en común. A estructuración do Voluntariado do IES Carlos Casares (biblioteca, TIC, deporte escolar e mediación) ten sido moi valorada desde dentro e fóra da nosa comunidade educativa, tendo participado durante tres anos consecutivos na Rede Galega de Centros Escolares Solidarios. Eses proxectos deben ter a veces concrecións puntuais, e así, temos no horizonte próximo o Festival Solidario de Nadal, o sábado 9 de xaneiro, en colaboración co Concello de Viana do Bolo e o Grupo de Mulleres Solidarias de San Clodio (Lugo), co obxectivo de recadar fondos para becas universitarias e de ciclos formativos do alumnado do noso centro boliviano irmanado.

Estades a traballar nunha curtametraxe solidaria? 
A idea aparece como unha invitación especial da Aecid, en xullo de 2015, a catro centros do estado: o IES Terra de Trasancos de Narón, o IES Pablo Picasso de Málaga, o IES Realejos de Tenerife e o IES Carlos Casares de Viana do Bolo. A Unión Europea celebra en 2015 o Ano Europeo para o Desenvolvemento, e desde alí se nos convidou a unha actividade solidaria, que traballa os valores de cooperación e igualdade de xénero a partires do uso do cine na aula, coa intención de rematar cunha curtametraxe elaborada polo alumnado do noso centro, e dos outros restantes, e a celebración dunhas Xornadas Solidarias en Guadarrama.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma