XORNAL ESCOLAR

Fantástica experiencia televisiva

photo_camera Momento da chegada dos escolares do colexio Divina Pastora de O Barco de Valdeorras ás instalacións de La Región e Telemiño.

Alumnos de 3º e 4º de ESO do colexio Divina Pastora de O Barco visitaron as instalacións de La Región e Telemiño sitas no Polígono de San Cibrao. A visita a Ourense completouse cunha obra de teatro e unha actividade de robótica en La Molinera 

A xornada fóra das aulas prometía ser divertida, completa e especialmente de moita aprendizaxe e así foi. Os escolares de 3º e 4º de ESO do colexio Divina Pastora de O Barco de Valdeorras desprazáronse a Ourense para compartir unha intensa xornada na que xa tiñan programadas tres visitas e a participación en tres interesantes actividades: curso de robótica, unha obra de teatro en francés e a visita ás instalacións de Telemiño.

A xornada arrancou cunha visita a La Molinera, onde participaron en cursos de robótica e onde tamén aprenderon aspectos interesantes e novidosos que sempre nos aportan as novas tecnoloxías. Durante a actividade, na que participou o alumnado de Tecnoloxía da Información e Comunicación do centro de ensino de Valdeorras, visitaron aulas técnicas ou impresoras 3D, pero tamén lles explicaron o funcionamento das máquinas de corte numérico que son ideais para crear pezas que requiren de moita exactitude. 

Pola súa banda, o alumnado de Lingua Francesa asistiu ao Auditorio Municipal de Ourense para ser testemuños da presentación da obra "Le tour du monde en quatre-vingt jours", de Julio Verne, onde non perderon detalle das peripecias do británico Fogg e do seu axudante Passepartout. Coa participación nesta actividade os escolares de francés se deron conta do moito que estaban a aprender sobre esta nova lingua estranxeira e do bonito que é ver unha peza de teatro noutro idioma. 

Tras comer no Centro Comercial Ponte Vella, os escolares de O Barco tomaron rumbo ao Polígono de San Cibrao para visitar as instalacións de La Región e de Telemiño. O que en principio ía ser soamente unha visita, acabou convertíndose nunha fantástica experiencia xa que lles tiñan preparada unha gran sorpresa e eles mesmos exerceron de xornalistas e cámaras de televisión.

A viaxe a Ourense resultou ser extraordinaria e, de volta á casa xa no autobús que os desprazou por distintos puntos de Ourense, alumnos e profesores coincidiron en sinalar o positivas que son as actividades fóra da aula, onde ademais de aprender se divirten e adquiren conceptos claros difíciles de esquecer que a bo seguro lles serán de gran utilidade.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma