HIPERACTIVOS

Festa dos Maios, en Allariz

O prazo de inscrición remata este mércores, e está aberto a nenos de Primaria e mozos de Secundaria

O vindeiro venres, 27 de abril, Allariz acolle a tradicional Festa dos Maios 2018. O Concello presenta un completo programa de actividades onde conta coa participación dos nenos e nenas. 

Todos os interesados en presentar as súas coplas poden formalizar a inscrición ata hoxe. Establécense dúas categorías diferentes: coplas de nenos de 3 a 11 anos, isto é de Infantil e Primaria; e de 12 anos en adiante, alumnado de Secundaria. Para participar no canto de coplas deberán inscribirse como grupo, mínimo 8 persoas. Para formalizar a inscrición, deberán entregar unha copia das coplas mecanografadas a dobre espazo na Casa da Cultura. Presentaranse un mínimo de 12 estrofas seguindo a tradición, isto é compostas de catro versos de arte menor de seis ou oito sílabas cada verso, rimando cando menos a segunda coa cuarta. 

No tocante á base de participación nos Maios, poden inscribirse como grupo, mínimo 8 persoas. O prazo para inscribirse tamén remata hoxe e para ter dereito á subvención que outorga o Concello de Allariz é preciso cubrir un impreso na Casa da Cultura. Os maios estarán construídos cos materiais que dita a tradición: madeira, arpilleira ou tea de saco, cravos, arame, brión, bugallos, xestas ou frores. Todos os maios presentados cuns mínimos de calidade, recibirán unha subvención de 50 euros.


Actos


O Campo de A Barreira acollerá os actos da Festa dos Maios 2018. Ás 12:15 horas,  achegaránse os Maios ata o campo da Barreira, paseo central de San Bieito, onde permanecerán expostos. Ás 12:30 horas comezará o Canto de Coplas. O acto contará ademais co acompañamento musical do Grupo de Gaitas do Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma