XORNAL ESCOLAR

Fomento dos hábitos de vida saudables

201810291100477
photo_camera Fomento dos hábitos de vida saudables

Escolares de Cenlle traballan a actividade física, a alimentación mediante receitas e merendas específicas ou participan en charlas e obradoiros relacionados coas rutinas sas

O curso 2018/2019 arrancou cunha intensa actividade no CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle. Por una banda están a darlle continuidade aos proxectos que arrancaron o pasado curso e, por outra, incrementan as propostas educativas que prometen un curso apaixonante de moita aprendizaxe. Os hábitos de vida saudables serán o epicentro dos proxectos organizados durante todo o curso. Para elo traballarán en diversos factores como a actividade física, a alimentación saudable e equilibrada, a relaxación e moitas outras propostas de interese para acadar este obxectivo. 

Obxectivo milla diaria é unha das propostas do programa saudable. Consiste en que o alumnado corra todos os días dez minutos, incrementando a distancia progresivamente para acadar unha milla diaria. Merendas saudables é outra das iniciativas, onde se lle aporta aos alumnos e alumnas unha serie de recomendacións de merendas saudables e variadas para os recreos. Dentro disto inclúese o reparto de froita e lácteos en determinadas épocas do ano. Charlas, obradoiros e talleres tamén ocuparán parte das actividades relacionadas coa vida saudable e os primeiros auxilios, dende diferentes asociacións e entidades. Pon as pilas é outra das atractivas propostas nas que están inmersos este curso en Cenlle. Trátase dunha mochila que viaxa cada semana á casa dun neno ou nena, cargada de material de Educación Física para que se manteñan activos e xoguen coas súas familias durante as tardes e fins de semana. Ademais de mochilas, tamén comenzaron a viaxar libretas polas localidades do Concello de Cenlle, xa que están a participar na actividade Receitas saudables. As familias aportan receitas, todas elas sas, que posteriormente os escolares compartirán co resto dos compañeiros. Neste aspecto, o alumnado participará polo menos nun taller por trimestre de elaboración deste tipo de receitas.


Club de lectura


Unha das novidades este curso preséntase dende a biblioteca do centro, onde se puxo en marcha un Club de Lectura para o alumnado máis maior do centro, que se reúne unha vez ao mes. Trátase dun club diferente e particular, no sentido de que cada neno ou nena escolle libremente un conto e preséntao ao resto dos compañeiros durante a reunión do club, recomendándoo e compartíndoo. Tamén se implanta este curso na biblioteca tablets e diferentes xogos de atención e observación, que o alumnado pode coller durante o tempo de lecer.

Toda a comunidade educativa do CEIP Carmen García Carrasco, xunto ao Concello de Cenlle, que colabora con moitas actividades dos escolares, están moi implicados na educación dos cativos e cativas. Ademáis, esta implicación aínda ilusiona máis ao ver incrementado este curso o alumnado. Desde o colexio de Cenlle convidan a todo o mundo a coñecer as múltiples actividades que realizan través da súa páxina web ou mesmo acudindo ao propio colexio, xa que o CEIP Carmen García Carrasco é un centro aberto a todo o mundo. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma