COLE A COLE

Unha aposta polo aprendizaxe integral

1_result
photo_camera Un grupo de alumnos do CEIP Filomena Dato.

No CEIP Filomena Dato completan os conceptos teóricos con formación práctica para os seus alumnos en todas as ramas do coñecemento

A auga está a marcar este curso no CEIP Filomena Dato. Conscientes da importancia deste elemento para a vida e das fatales consecuencias da súa ausencia, o alumnado do centro, coa axuda do profesorado, traballa na necesidade de aforrala ao tempo que profundizan en aspectos relevantes que xiran en torno a este elemento vital. Así, a este proxecto da auga que se prolonga durante todo o curso, adícanlle tres ou catro sesións á semana e os resultados están a ser sorprendentes en todos os ámbitos do aprendizaxe do alumnado.

A auga cobra tamén importancia neste colexio de Barbadás ao estar ubicado á beira do “Parque dos Patos”, un lugar cheo de encanto do que fan uso habitualmente os escolares. O traballo por proxectos é a firme aposta deste colexio. Traballan en moitos deles e serven para desenvolver o traballo cooperativo, plantexar conflictos cognitivos, alcanzar aprendizaxes significativas, traballar o modelo de intelixencias múltiples e desenvolver as competencias clave.

O CEIP Filmena Dato é un centro de nova construción que dispón de aulas luminosas, perfectamente equipadas con pantallas ou pizarras dixitais. Ademais, contan cunha dotada biblioteca onde se realizan moitas actividades. O salón de actos, aula de tic´s, de orientación, de música, de inglés, ximnasio e aula de psicomotricidade, xunto as aulas correspondentes a cada curso conforman este centro de ensino de referencia no que se desenvolve unha formación completa e axeitada ás demandas actuais.


Outros proxectos


No CEIP completan o estudo da auga con outros moitos proxectos cos que lle aportan ao alumnado unha formación integral. Así, en Primaria están a traballar no tema da Multiculturalidade dende o curso pasado. Consiste na investigación sobre tradicións, costumes, gastronomía, idiomas ou historia, dos diferentes países dos cales teñen alumnado. Así coñecen mellor Portugal, Brasil, Venezuela, China, Colombia e Perú. Tamén están inmersos no Plan Proxecta (xogo da serpe), da Consellería de Educación, cuxo principal obxectivo é que os escolares poidan acudir camiñando ao colexio de xeito seguro ao tempo que se aposta pola sostibilidade. Tamén da man da Consellería de Educación contan coa actividade “Mellora do nivel de coñecemento para acadar a excelencia”. Gracias a este programa organizaron durante a Semana da Ciencia un Museo Científico Itinerante.


Extraescolar


Actividades complementarias e servizos á disposición de todo o alumnado son dous importantes factores a ter en conta cando se pensa no lugar axeitado para confiar a educación dos nosos fillos. Un dos servizos, ofrecido polo Concello de Barbadás, é co que se busca a conciliación da vida laboral e familiar, é “Bos días, cole”, que consiste en ofrecer gardería aos nenos e nenas que o precisen, de 7.30 a 9.15 horas. Tamén da man do Concello presentan polas tardes, de 15.30 a 17.30 horas, un amplo abano de propostas educativas, lúdicas e deportivas como é por exemplo este curso música e movemento, plástica creativa, patinaxe, xadrez, play&Learn, circo científico, robótica e baile. A ANPA do centro completa esta oferta con teatro, baile e un curso lúdico de física e matemáticas.  

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma