HIPERACTIVOS

Franciscanas aposta polas "Clases sen fume"

20161003122453203_result
photo_camera Alumnos de Franciscanas

Os profesores Gonzalo e Cristina Bravo coordinan o programa educativo do alumnado do Divina Pastora.

Dende o ano 2002, o colexio ourensán Divina Pastora "Franciscanas" vólcase cada curso co programa educativo "Clases sen fume". Esta iniciativa ten como obxectivo a prevención do tabaquismo e está dirixida a escolares de 1º e 2º de ESO, esto é alumnado de 12 a 14 anos, idade na que se dan os primeiros contactos co tabaco. 

Trátase dun compromiso individual e colectivo (de toda a aula) de non fumar durante cando menos 6 meses, reforzar o carácter voluntario da decisión de non fumar, facilitar a presión positiva de grupo xerada pola complicidade dun grupo de adolescentes e unha persoa adulta (titor/a) e reforzar a confianza nun mesmo e nos demais. Para conseguir estes obxectivos utilízase como reclamo a recompensa-premio. 

Hai uns días, os escolares de Franciscanas acompañados polo seu mestre Gonzalo e por Cristina Bravo, participaron nunha actividade incluida dentro deste programa. Tratouse dunha saída a Oira, co fin de limpar o río e apostar por unha vida sa e polos hábitos saudables. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma