XORNAL ESCOLAR

O gran Magosto da Alameda

Ourense. 11-11-15. Local. Magosto na alameda de Ourense.
Alex, Vanesa, María, Naiara, Tania, Alejo, María, Sara, Joel.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Alex, Vanesa, María, Naiara, Tania, Alejo, María, Sara, Joel.

Os nenos volveron a ser protagonistas dalgunhas das actividades do programa festivo, entre elas un divertidos obradoiros e a actuación de As Daniñas

A Alameda de Ourense volveu a ser o punto de concentración dos fieis seguidores da festa máis popular de Ourense, o San Martiño. Alí, un ano máis, o Concello de Ourense organizou unha festa á que acudiron milleiros de persoas e que xa é unha celebración declarada de Interese Turístico.

Os nenos volveron a ser protagonistas dalgunhas das actividades do programa festivo, entre elas un divertidos obradoiros e a actuación de As Daniñas, un espectáculo infantil co que os máis cativos da casa o pasaron en grande, minutos antes de degustar os productos típicos da festa.

En canto á gastronomía, os cativos tamén puideron desfrutar de castañas, chourizos e refrescos. Tras este momento houbo música en vivo e baile para todos hasta ben entrada a tarde. Un ano máis, o gran Magosto organizado polo Concello de Ourense foi todo un éxito.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?