COLEXIO MARÍA AUXILIADORA "SALESIANOS"

Interrail, unha aventura educativa

Ourense. 18/12/17. Actividades del Interrail en Salesianos.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Un momento dunha das presentacións da actividade Interrail, na que participaron 62 alumnos de 4º de ESO.

Escolares de 4º de eso, do colexio Salesianos, axudados polos de 1º, 2º e 3º na decoración dos corredores, participaron nun proxecto co que coñeceron a cultura, idioma e patrimonio artístico de países europeos

No colexio María Auxiliadora “Salesianos” organizan ao longo do curso numerosas actividades que serven para complementar os conceptos teóricos adquiridos na aula e reforzalos dun xeito ameno e participativo. Nesta ocasión, as cámaras de Telemiño foron testemuños dunha actividade novidosa no centro, un proxecto multidisciplinar que ten como obxectivo coñecer, valorar e respectar os aspectos básicos da cultura, do idioma ou do patrimonio artístico, de países europeos a través dunha viaxe en tren. Con esta actividade o que tamén se pretende é o uso e manexo das novas tecnoloxías para a procura de información e elaboración das presentacións e que os escolares desenvolvan destrezas de comunicación utilizando as linguas escollidas, tanto de xeito oral como escrito.

Interrail é a denominación deste programa que surxiu dunha idea da profesora de Lingua Galega tras aparecer este tema tratado nunha lectura dun dos temas da materia que imparte. A partir de ahí, e polo feito de tratarse dun proxecto multidisciplinar que se realizou tamén en Francés e Inglés, e xunto aos profesores Blanca e Ana, do Departamento de Inglés, e Mariluz, do Departamento de Francés; Cler do Departamento de Galego, púxose en marcha e para elo escolleron aos escolares de 4º de ESO, un total de 62 alumnos e alumnas que contaron coa colaboración de escolares de 1º, 2º e 3º de ESO.


Foi unha actividade novidosa, amena e multidisciplinar


Interrail desenvolveuse ao longo de sete semanas, desde o mes de outubro ata decembro, adicando a este proxecto unha hora semanal en cada asignatura implicada nesta actividade, esto é galego, inglés e francés, polo que se adicaron tres horas á semana. Xa ao final do proxecto, este tempo incrementouse unha hora máis á semana, co fin de perfilar ben cada unha das presentacións.

As líneas de traballo foron pautadas semanalmente en cada unha das seccións. Os escolares de 4º da ESO repartíronse os países obxecto de estudo, buscaron información sobre o patrimonio artístico e cultural, información básica sobre a cultura e idioma e puxéronse a traballar. Prepararon cada unha das presentacións co fin de presentar no tempo estimado unha información clara e amena aos seus compañeiros. Pola súa banda, os escolares de 1º, 2º e 3º de ESO foron os encargados de axudar coa decoración dos corredores do centro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?