XORNAL ESCOLAR

Irmanamento nun novo Abrazo ao Limia

Escolares, mestres e autoridades de Galicia e Portugal participaron na oitava edición deste encontro

Un intre da visita ao museo, previa a partir cara Allariz, onde acudiron ao Festival de Xardíns.
Un intre da visita ao museo, previa a partir cara Allariz, onde acudiron ao Festival de Xardíns.
Irmanamento nun novo Abrazo ao Limia

Hai uns días, tivo lugar o xa mítico abrazo ao río Limia, na súa 8ª edición. Ás 11:00 da mañá, chegaban á Praza Carlos Casares os nenos e nenas dos colexios de Ponte de Lima, onde xa os esperaban o alumnado de 4º dos CEIP limiáns. Soaron gaitas, pandeiretas e tambores, por parte da Banda B da Ecola Municipal de Gaitas e Percusión, para dar a benvida aos compañeiros e compañeiras de Ponte de Lima. 

Tras o acto institucional no que participaron autoridades portuguesas e limianas, os nenas, nenos, mestres, mestras e autoridades, marcharon camiñando cara á ponte peonil do río. Unha vez alí, comezaron a rodear a zona dados da man, ata conseguir ese simbólico abrazo ao noso río, tras escoitar unha lectura de Delfín Caseiro.  Aínda que nese momento, comezou a chover, non impediu que, antes da retirada cara aos colexios, plantásese un ginkgo biloba como símbolo de fraternidade e de vida, que é o que xera o río ao seu redor. Tamén se descubriu unha placa conmemorativa. Despois do xantar, alumnas e alumnos portugueses puideron visitar o Museo Galego do Entroido e a continuación, en compañía dos nenos e nenas limiás foron ao nascente do noso río; na zona de Paradiña, no Concello de Sarreaus. A xornada rematou coa visita ao Festival de Xardíns de Allariz, onde Ponte da Lima ten exposto o seu.