Carlos Cuesta, alumno de 4º de ESO, foi o encargado de presentar magnificamente a Marie Curie aos escolares de 5 anos
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, escolares do CEIP Padre Feijoo Zorelle participaron en mini proxectos sobre distintas mulleres que cambiaron o mundo como Frida Khalo, Clara Campoamor, Malala e Marie Curie.
Para coñecer mellor a Marie Curie contaron coa colaboración de Carlos Cuesta Temes, alumno de 4º de ESO do centro, gañador do primeiro premio do Concurso de debuxo da muller e a ciencia, que por un día se convertiu en profesor dos escolares de 5 anos.
Mentras debuxaba a Marie Curie ía explicando a súa biografía, fancendo especial fincapé nos dous Premios Nóbel que gañou. Posteriormente, os cativos pintaron o debuxo que levaría para as súas casas. Foi unha experiencia magnífica, enriquecedora e motivadora para todos os que participaron na actividade.