photocall

Libros e lectores saen á rúa

Ourense 23/4/18
Actividades día do libro rúa do paseo

Fotos Martiño Pinal
photo_camera A Concellería de Educación organizou varias actividades na Rúa do Paseo para conmemorar o Día do Libro.

Entre as propostas programadas leron O Principiño, houbo contacontos dentro da actividade "Bibliotecas na rúa" e a Escola Municipal de Teatro escenificou un contacontos

A Rúa do Paseo de Ourense encheuse de colorido, de escolares e de ledicia para acoller a conmemoración do Día Internacional do Libro. A Concellería de Educación, no marco do programa de Animación á lectura organizou diversas actividades nas que os libros e os nenos foron os protagonistas. 

Na actividade participaron máis de 200 escolares procedentes do CPR Luis Vives, do CPR La Purísima, do CEIP As Mercedes e do CPR Cisneros. Os alumnos repartíronse tres espazos da céntrica rúa, como foi a Sala Valente, a escultura da Leiteira e as escalinatas dos Xardíns do Padre Feijoo.

Entre as propostas programadas leron O Principiño, houbo contacontos dentro da actividade "Bibliotecas na rúa" e a Escola Municipal de Teatro escenificou un contacontos. Os actos estiveron amenizados por música a cargo do profesorado da Escola Municipal de Música. 

A actividade foi un éxito e, como nota salientable, os escolares do Luis Vives repartiron rosas e marcapáxinas no traxecto dende o colexio ata a Rúa do Paseo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma