MAGOSTO

Magosto en familia

Ourense. 11/11/17. Magosto popular do Concello de Ourense no Parque Barbaña.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Divertidas carreiras de sacos para festexar o Magosto,festa de interese turístico.

Un 10 para o Magosto popular de Ourense

O sábado, 11 de novembro, o Concello de Ourense celebrou a festa popular con máis raigame na cidade, o Magosto, declarada festa de interese turístico. Este ano conmemorouse o San Martiño no parque do Barbaña. Contou cunha gran afluencia de veciños/as de todas as idades e con todos os ingredientes clásicos desta festa: apetitosas castañas asadas e saborosos bolos preñados.

Os nenos e nenas non faltaron a esta cita, unha das festas máis agardadas e de maior tradición en Ourense. Foron moitas as familias que compartiron cos máis pequenos unha divertida tarde no parque Barbaña.

As actividades infantís resultaron todo un éxito, os nenos e nenas gozaron dunha ampla variedade de talleres e xogos tradicionais para amenizar unha divertida xornada de Magosto en familia.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma