PHOTOCALL

Música directa ao corazón

musicos16_result
photo_camera María e Carolina experimentan coa guitarra.

O proxecto Somos Músicos é unha iniciativa que pretende emocionar coa música aos máis cativos, xa que a educación musical é de moita importancia no desenvolvemento integral do alumnado

No curso 2015/2016, no Colexio Padre Feijoo Zorelle comezou o proxecto Somos Músicos, unha iniciativa que pretende emocionar coa música aos máis cativos, xa que a educación musical é de moita importancia no desenvolvemento integral do alumnado.

Disfrutar da música, vivíndoa en primeira persoa e descubrir a súa maxia son os principais obxectivos desta actividade xa que a música conta con múltiples beneficios no desenvolvemento psicomotriz e intelectual en idades temperás. Ademais do descubrimento dos distintos instrumentos, coñecendo os nomes, a súa composición, a forma de tocalos e as posibilidades sonoras, esta experiencia permite coñecer, ver, escoitar, tocar, experimentar e achegarse aos distintos instrumentos, así como aos tipos de música, baile e cancións do mundo. 

Nesta actividade está implicada toda a comunidade educativa, isto permite que desperte un gran interese e unha vez ao mes, para poder planificalo con tempo e ter a posibilidade de preparar as sesións con antelación, escolares, expertos ou familiares presentan os instrumentos ao resto dos compañeiros. 

O seguinte obxectivo é achegarse a ese gran instrumenton que é o órgano de tubos, que implicará desprazarse a unha igrexa para poder disfrutalo en todo o seu esplendor. 

O máis bonito desta actividade é ver a cara de emoción dos nenos cando escoitan por primeira vez un instrumento e senten a vibración da música nos seus corazóns. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma