NADAL

O Nadal, a gran festa dos nenos

Os nenos amosan ano tras ano o seu apoio aos máis desfavorecidos e son moitos os centros de ensino que organizan campañas neste sentido.

O Nadal, a gran festa dos nenos

Moito colorido en todas as aulas, un ambiente festivo, fermosas panxoliñas e representacións propias do Nadal son só algúns dos rasgos característicos das actividades que estes días se sucederon nos colexios de Ourense. O Nadal é unha época do ano fermosa na que se suceden os momentos de ledicia e os obradoiros realizados en grupo e actividades coas que se pretende educar en valores como o compañeirismo, o traballo en equipo e a solidariedade.

Foron moitos os colexios que organizaron festivais de Nadal e outros se decantaron por outro tipo de actividades lúdicas como obradoiros, concursos de postais, actuacións e visitas de Papa Noel ou dos Reis Magos, sen esquecernos das propostas solidarias. Os nenos amosan ano tras ano o seu apoio aos máis desfavorecidos e son moitos os centros de ensino que organizan campañas neste sentido.