"Os nenos perdidos", primeiro premio da súa categoría

Escolares do Colexio Luis Vives realizaron o seu traballo coa axuda da profesora Carolina Pérez

"Os nenos perdidos" foi o título escollido polos alumnos de 1º de Primaria do Colexio Plurilingüe Luis Vives para o seu xornal escolar, agraciado co primeiro premio na súa categoría. A mestra Carolina Pérez Vidal foi a coordinadora deste traballo e amósase encantada co bo proxecto que realizaron os seus alumnos. Destaca que supón para eles unha gran alegría xa que o seu esforzo recibe unha fantástica recompensa. 
Organizaron o traballo por equipos.

Ao tempo que uns nenos se adicaban a pintar, os outros escribían as noticias. O título foi cousa de todos, escolleuse por maioría. 
Dende a aula de 1º de Primaria do colexio Luis Vives sinalan "esta experiencia resultou do máis froitífera xa que o traballo en equipo é unha forma de coñecerse mellor e a actividade resultou ser estupenda". Ademais, queren salientar dun xeito especial a páxina do seu traballo adicada ao seu compañeiro Óscar. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma