PHOTOCALL

O fútbol na aula

20180113123023605_result
photo_camera Os estudantes do CEIP Rogelio García Yáñez móstranse moi contentos con este didáctico traballo arredor do fútbol.

A Biblioteca do CEIP Rogelio García Yáñez leva a cabo o proxecto "A volta ao mundo nun balón" coincidindo coa vindeira celebración do Mundial de Fútbol de Rusia 2018

Os estudantes de Ramirás senten unha verdadeira paixón polo fútbol. A Biblioteca do CEIP Rogelio García Yáñez leva a cabo o proxecto "A volta ao mundo nun balón" coincidindo coa vindeira celebración do Mundial de Fútbol de Rusia 2018. 

Na Biblioteca do Rato realizan apaixonantes traballos sobre os países onde se celebrou o mundial de fútbol dende España 1982 ata a actualidade. O traballo é distribuido por clases e trimestres, consiste na recollida de información e estudo dos países seleccionados, coñecen os monumentos e personaxes máis importantes, a comida típica así como a mascota do mundial e a canción. Ao finalizar o trimestre realizan unha exposición dos contidos aprendidos. No primeiro trimestre fixeron un percorrido por España 1982, México 1986 e Italia 1990. Xa están a traballar sobre o mundial de EE.UU 1994, de Francia 1998 e de Corea-Japón 2002. No terceiro trimestre investigarán sobre Alemania 2006, Sudáfrica 2010 e Brasil 2014. Outras actividades arredor deste proxecto son exposicións de libros de fútbol, decoración dos corredores, realización dun mapa do mundo coas bandeiras dos países seleccionados e no entroido, o fútbol tamén será o protagonista, seguirán as ordes do Rato (mascota da biblioteca) para disfrazarse de futbolistas. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma