XORNAL ESCOLAR

O recuncho de Pancholiño

20171013110016953_result
photo_camera Una imagen de un aula-biblioteca en el Ceip do Xurés.

A biblioteca do CEIP Do Xurés é o eixo de toda actividade que se realiza no centro educativo de Lobios

As bibliotecas son imprescindibles nos centros escolares, son unha das mellores ferramentas para conseguir que os estudantes se afeccionen á lectura..

O Ceip do Xurés sabe que parte do éxito dos seus estudantes reside na utilización da biblioteca como o motor do centro educativo. O claustro de mestres e mestras deste centro educativo, en Lobios, traballan, en equipo, con esforzo e ilusión para fomentar o pracer de ler entre os seus estudantes.

Os obxectivos que perseguen son: inculcar e fomentar o hábito da lectura, promover a investigación e o traballo cooperativo integrando sempre ao medio e ás novas tecnoloxías, realizar experiencias de creación e utilización da información, desenvolver a imaxinación, organizar actividades para estimular, concienciar e sensibilizar contidos do currículo. 

Un ano máis, durante este curso escolar, a biblioteca do CEIP do Xurés será o eixo de toda actividade que se realizará no centro, unha ampla variedade de divertidas dinámicas adaptadas a cada etapa educativa. Ademais das conmemoracións que se levan a cabo todos os anos, durante este curso teñen previsto realizar: 

1. Lecturas colectivas nas que o alumnado será o protagonista contando contos e realizando coloquios e debates sobre as temáticas desas lecturas.

2. Poñerán en marcha, como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras para que o alumnado e as familias compartan momentos de ocio e lecer arredor dun libro e outros recursos que conteñen as mochilas. 

3. Obradoiros de poesía e narración. 

4. Realizarán murais relacionados coas diferentes lecturas. 

5. Levarán a cabo proxectos a través das novas tecnoloxías, o que lle permite ao alumnado afondar na busca de información. 

6. Realizaran xogos como o cazatesouros para coñecer máis cousas sobre os autores dos libros e afondar máis na cultura vinculada ao mundo dos libros.

7. Celebrarán tradicionais mercados de intercambios de libros en desuso que poidan ter as familias do alumnado nos seus fogares e incluso propoñeran a outras institucións que se sumen a esta iniciativa, como pode ser a biblioteca do concello.

As bibliotecas escolares asumen un rol principal no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Son un lugar de acceso á información e ideas que son fundamentais para o desempeño exitoso na sociedade.
Esta fabulosa biblioteca escolar desenvolve nos seus estudantes habilidades de aprendizaxe para toda a vida.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma