XORNAL ESCOLAR

Obradoiro sobre hortos infantís

Actividad agricultura en Montealegre
15-3-15
photo_camera Actividad agrícola en Montealegre.

Con este tipo de propóstas búscase dar a coñecer o medio ambiente, a coidalo e as múltiples posibilidades que ofrece o espacio natural.

Os nenos foron hai uns días protagonistas dun divertido obradoiro no Parque de Montealegre.

Acompañados polas súas familias, os cativos participaron nunha actividade denominada "Hortos infantís".

Durante máis dunha hora os participantes aprenderon entre outras cousas a cultivar o seu propio horto, descubrindo as verduras, aprendendo a sementar, colleitar e coidar o terreo. Foi unha experiencia do máis froitífera onde os cativos de moi diversas idades non só aprenderon moitas cousas interesantes senón que tamén se divertiron e compartiron unha actividade práctica en familia na mañá do domingo.

Con este tipo de propóstas búscase dar a coñecer o medio ambiente, a coidalo e as múltiples posibilidades que ofrece o espacio natural.

Esta actividade estivo organizada pola concellería de Medio Ambiente e contou con varios cursos onde dun xeito práctico os nenos aproveitaron o espazo natural.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma