XORNAL ESCOLAR

Plantas carnívoras

a8_result
photo_camera Los escolares disfrutaron de dunha charla no Parque de Montalegre.

Os escovixiantes de Franciscanas compartiron unha andaina e unha  froitífera charla no Parque de Montealegre

Unha ducia de escolares de 2º de ESO acudiron recentemente ao Parque Botánico de Montelagre onde participaron nunha interesante charla centrada nas prantas carnívoras. O encargado de impartir esta amena ponencia foi Corbal, quen lles explicou con todo detalle as características principais deste tipo de prantas. Durante esta actividades tamén compartiu cos escolares todo tipo de curiosidades.

Posteriormente, realizaron un percorrido por este inmenso e fermoso parque, durante o que aproveitaron para coñecer as múltiples actividades que habitan ahí. Para rematar a visita achegáronse ao mirador, e unha vez disipada a brétema, puideron contemplar a cidade dende o alto, os hortos comunais con todo o que sembran neles e sen dúbida, ser testigos dunha paisaxe máxica e chea de encantos. Como realizaron a ruta andando, tocaba voltar, pero antes de regresar ao centro realizaron unha parada no Parque dos Carrileiros da Foula, onde aproveitaron para repoñer forzas e tomar un tentempé, mentras intercambiaban impresións sobre a actividade na que viñan de participar e coa que todos quedaron con moi bo sabor de boca e agardan repetir moi pronto.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma