XORNAL ESCOLAR

Claves para a creación dunha empresa

OURENSE. 13/04/2018. Salesianos, conferencia Jorge Vazquez, CEO de Redegal. FOTO: Miguel Angel

A ponencia de Jorge Vázquez está inmersa nun plan de orientación profesional para alumnado de Bacharelato

O fundador da empresa ourensana Redegal, Jorge Vázque, foi nesta ocasión o convidado do Colexio María Auxiliadora "Salesianos" dentro do plan de orientación profesional que o centro de ensino lle está brindando ao seu alumnado de Bacharelato. A aula magna do colexio acolleu a ponencia centrada no marketing dixital, onde o convidado, partindo da súa experiencia, presentou os pasos a seguir para crear unha empresa como é o caso de Redegal. Tamén profundizou en aspectos tan importantes como é a necesidade de facela sostible desde o punto de vista financieiro e da súa expansión.

Os alumnos de 1º de Bacharelaro que acudiron á ponencia, tiveron a oportunidade de interactuar co ponente, ao que lle formularon múltiples preguntas que surxiron durante a conferencia. Esta nova edición da actividade foi todo un éxito xa que os escolares aprenderon moitos aspectos relavantes á hora de xestionar unha empresa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma