XORNAL ESCOLAR

Por un Ourense a 30

Ourense 24/4/18
Grabación telemiño colegio Cardenal Cisneros

Fotos Martiño Pinal
photo_camera O programa de Xornal Escolar de Telemiño en Cardenal Cisneros.

Información, creación e acción son tres pasos da actividade incluída dentro do proxecto Ancas de Stop Accidentes que dirixe en Ourense o protavoz da asociación, Beni Bouzada.

Concienciar e sensibilizar a conductores e peóns de que reducindon a velocinadas en avenidas e rúas, aumenta a seguridade vial e ao tempo se reducen os niveis de contaminacións, tanto acústicos como ambientais, é o principal obxectivo de Ourense a 30. Esta iniciativa súmase ás numerosas que leva a cabo o colectivo Stop Accidentes, nesta ocasión en colaboración co centro de ensino Cardenal Cisneros, e o primeiro encontro consistiu nun obradoiro que se impartiu no propio centro de ensino. Beni Bouzada, co apoio das docentes Marila e Ana impartiu na primeira xornada do taller unha presentación titulada "Camino a la Escuela", onde dun xeito pedagóxico e entretido visualizouse o modelo de cidade máis idóneo para acudir cada día aos centros de ensino, a repercusión da velocidade en materia de seguridade vial e as normas que se deben cumprir como peóns.

O segundo día do obradoiro, introduciuse o que sería a actividade prevista para días despois na cidade. Consistiu en visualizar dun xeito diferente e atractivo para os conductores que a maior seguridade para o peón é a velocidade a 30 km/hora. Así, os propios escolares dun xeito creativo realizaron  sinais en referencia á seguridade e idearon o formato que levarían a cabo o día que saíran á rúa. Esta actividade desenvolveuse entre o alumnado de Infantil e Primaria, pero os maiores tamén contaron cunha propostas pensada especialmente para eles que consistiu na visualización da presentación para profundar nos factores de risco máis habituais para darlles a información e traballar a prevención en torno á concienciación e sensibilización.

Deste xeito, a iniciativa de Stop Accidentes emprega unha metodoloxía cos escolares que consiste primeiro en aportar información para que sexan conscientes dos riscos provocados polos hábitos dos conductores e peóns en relación á velocidade e mesmos ao modelo de pacificación dunha cidade. O seguinte punto é a creación dun obradoiro para que o alumnado participe nesa seguridade sostible para o que se realizan paneis e sinais de advertencia e, finalmente lévase a cabo a actividade cunha acción de sensibilización in situ, nunha avenida ou rúa da cidade, visualizando o perigo de soprepasar os 30 km/hora e con elo concienciar aos conductores e resto dos usuarios.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?