XORNAL ESCOLAR

Potenciando a creatividade

photo_camera José Manuel Baltar foi testigo, no propio colexio, dos estupendos traballos que elaboraron os alumnos.

No Colexio Padre Feijoo-Zorelle poñen en práctica un enfoque metodolóxico baseado na adquisición de competencias e proxectos colaborativos

O Colexio Padre Feijoo-Zorelle de Ourense é un centro de ensino de referencia da cidade de As Burgas. Trátase dun colexio bilingüe que abarca todos os niveis educativos: Infantil, Primaria e Secundaria coma centro concertado, e Bacharelato coma centro privado.

Unha das constantes deste colexio é a posta en práctica dun enfoque metodolóxico baseado na adquisición de competencias a través de tarefas e proxectos colaborativos. Deste xeito se lles permite ao alumnado ser os máximos responsables do proceso de comprender, seleccionar, contrastarm adquirir e usar o coñecemento. Dentro deste proceso ten moita relevancia a aprendizaxe entre iguais (os alumnso aprenden uns dos outros), a educación emocional (a importancia das emocións na aprendizaxe), a potenciación da creatividade e a intención de achegar o colexio á sociedade a través de actividades presenciais e en liña nas que o alumnado e o profesorado interactúan e colaboran con membros de diferentes institucións a nivel local, autonómico, estatal e internacional.

Semana escolar da provincia

Son numerosos os proxectos nos que traballan durante o curso, entre eles destaca a participación dun grupo de alumnos do centro, concretamente os de 6º de Primaria e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO, na 4ª Semana Escolar da Provincia, organizada pola Deputación Provincia de Ourense e que leva por título "Viaxe ao patrimonionatural da ourensanía". O proxecto está adicado á investigación e coñecemento do Patrimonio Natural da provincia. Empregando o material didáctico para alumnado e profesorado facilitado pola Deputación Provincial de Ourense, os escolares que participan na actividade realizaron diversas actividades e elaboraron murais que posteriormente expoñen a toda a comunidade educativa.

O programa xa arrancou en novembro, coa pegadas dos carteis nos centros de ensino, a lectura de análise no manual e a realización de actividades. Posteriormente, se elexiron rutas e realizouse a construción de murais con fotos ou debuxos do patrimonio natural para realizar unha exposición colectiva. Despois preparouse un pleno provincia coa conservación do patrimonio natural como tema central. O 25 de novembro celebrouse a Festa da Ourensanía, momento no qu se inaugurou a exposición de murais colectivos, a lectura dos mellores traballos individuais realizados e representouse de xeito aberto para todo o centro un pleno da corporación provincial realizado por alumnos e alumnas seleccionados.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma