DE ACTUALIDADE

IES Xermán Ancochea Quevedo, referente na rama da electricidade

20170531234738943_result

No IES Xermán Ancochea Quevedo imparten, entre outros, o Ciclo Superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados

En A Pobra de Trives ubícase un dos centros formativos de referencia de toda a provincia, o IES Xermán Ancochea Quevedo. A oferta educativa deste centro de ensino é, por unha banda, a propia dun instituto, no que se imparte a Educación Secundaria Obligatoria (ESO), contan con seccións bilingües, e Bacharelato (coas modalidades de Ciencias e Humanidades), e por outra banda. e marcando a diferencia, é un centro especializado na rama da electricidade. Deste xeito, o IES Xermán Ancochea Quevedo ofrece a Formación Profesional Básica de Electrónica e Electricidade, o Ciclo Medio de Instalacións Electrotécnicas e Automáticas e o Ciclo Superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados, no tocante a este último ciclo, o centro de ensino de Trives é, xunto ao 12 de Octubre de Ourense, os únicos en impartilo en toda a provincia, polo que se no centro ubicado na cidade de Ourense fican sen prazas, deben saber que en Trives tamén o imparten e son especialistas na rama eléctrica, cunha experiencia de varias décadas e cos medios e os convenios máis punteiros para brindarlle ao seu alumnado a mellor e máis completa das formacións. 

A especilización do IES Xermán Ancochea Quevedo na rama da electricidade foi no seu día para cubrir a crecente demanda laboral neste ámbito. Xa nos anos 50 e 60 a empresa Saltos del Sil levou a cabo a construcción de numerosos embalses, convertindo á comarca nun importante referente de enerxía hidráulica a nivel nacional. Nese momento o que se precisaba era capital humán cualificado para poñer en marcha as centrais. Así e xa nos anos 50 creouse a escola para formar futuros traballadores en Montefurado, pero non é ata o ano 1998 cando se unifican o Instituto de Formación Profesional e o antigo Instituto de Ensinanza e conforman o que hoxe se coñece como IES Xermán Ancochea Quevedo.

O alto grado de inserción laboral é salientable nos ciclos formativos que se imparten neste centro de ensino de Trives. Deste xeito, xa entre os 6 e os 12 meses desde que finalizan os estudos, os profesionais da rama de electricidade chegan a atopar traballo. Outros dos aspectos salientables son os convenios de prácticas cos que conta o IES Xermán Ancochea Quevedo con empresas do entorno chegando a sumar preto de trinta. Deste xeito o alumnado xa está en contacto co que será o mundo laboral que os agarda xa desde o seu período de formación, un aspecto moi positivo á hora de formarse, de poñer en práctica os seus coñecementos e, por suposto, de atopar emprego ao rematar os estudos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma