PHOTOCALL

Sabores de outono

Os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Virxe de Covadonga de Ourense, decoraron, comeron e beberon o outono.

Fabulosos disfraces de cabeciñas de cara de susto para todos os estudantes de infantil.
Fabulosos disfraces de cabeciñas de cara de susto para todos os estudantes de infantil.
Sabores de outono

Os estudantes de tres, catro e cinco anos do CEIP Virxe de Covadonga puxeron todo o seu interese para decorar o seu centro educativo coas cores e os elementos do outono e levaron a cabo varias actividades: fixeron  murais espectaculares con diferentes técnicas(coloreado, picado, recortado, estampado...) e unha bonita e completa exposición de froitos e froitas do outono, na que participaron as familias.

Realizaron unha vendima completa: cortaron os acios que as mestras colgaran previamente no patio a modo de parra, recolleron os vagos que caian ao chan, clasificaron as uvas  segun a súa cor (brancas e tintas) botáronas nos cestos e pisáronas coas catiúscas ben limpiñas. Despois colaron e probaron os mostos branco e tinto. Para rematar o día fixeron dous murais coas cores de outono no que todos os nenos e nenas estamparon os seus pes e as súas mans. Festexaron o tradicional Samaín: fixeron uns bonitos disfraces de cabaciñas con cara de susto, e as familias mandaron pratos elaborados con produtos de outono. Tiveron uns invitados moi especiais: D. Jesus Vazquez, alcalde de Ourense, Dª Belen Iglesias, concelleira de Educación, Dª Mª Mercedes Gallego, Xefa Territorial de Educación, todos degustaron esta  merenda de outono. Tamen conmemoraron o magosto cunha gran festa no patio do centro educativo con xogos populares, comida típica desta data e sesión de maquillaxe con debuxos de castañas.