AXENDA DE ACTIVIDADES

Semana Europea de Movilidade

SEMANAEUROPEA_result
photo_camera Os estudantes acompañados da Policía Local e de Protección Civil.

Os estudantes dos colexios de barbadás saíron á rúa con tarxetas para premiar ou sancionar

Os estudantes de 6º de primaria do Ceip Filomena Dato e do Ceip do Ruxidoiro saíron á rúa acompañados da Policía Local e de Protección Civil para premiar ou multar ás persoas que incumpren as norma de tráfico.

Preto dun cento de escolares de Barbadás encargaronse de premiar ós que cumpren cos requisitos que establece a normativa e multaron simbólicamente ós que incumpren entregándolle unha tarxeta que dicía: “colabora, respecta as normas”. 

Durante toda a semana o alumnado realizou debuxos coa temática da mobilidade que están expostos nas dependencias municipais para concienciar á veciñanza. 

Tamen celebraron o ”Día sen coche para ir ao cole” para favorecer o uso de medios alternativos: a pé, en bici, en patinete, etc. 

Con todas estas actividades preténdese xerar un cambio no comportamento e camiñar cara unha estratexia de transporte máis sustentable.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma